Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 663 novas da área temática Auga:

09/07/2026 | 16:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Baralla avalían vías de colaboración para mellorar o abastecemento de auga da localidade

Ángeles Vázquez explica que o persoal de Augas de Galicia estudará o proxecto municipal  para determinar a súa viabilidade técnica e as fórmulas para o seu financiamento

09/07/2026 | 12:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Boborás destinan preto de 1 M€ para mellorar as canalizacións de auga na Almuzara

Ángeles Vázquez salienta que o obxectivo é a renovación integral das redes de abastecemento, saneamento e pluviais nesta zona 

08/07/2026 | 13:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta activa a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, e do río Anllóns e Costa da Coruña

A maiores, tamén se aplicarán medidas equivalentes no subsistema de Baiona, cuxo embalse abastece á poboación deste municipio pontevedrés e que presenta un descenso continuado do volume de auga encorada desde o mes de maio

02/07/2026 | 12:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 870.000 euros ao acondicionamento e mantemento da contorna do río Mero, en Cambre

Ángeles Vázquez sinala que o obxectivo destes traballos, cuxo remate está previsto para finais de ano, é mellorar a conservación deste espazo, reforzar a seguridade dos seus usuarios e poñer en valor o seu patrimonio natural, ambiental e turístico

30/06/2026 | 13:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta a depuración por lagunaxe como un sistema de tratamento de augas eficiente e sostible para dar solución ás necesidades de Galicia

Ángeles Vázquez indica que este modelo podería cubrir as necesidades de moitos núcleos de poboación rurais na medida en que ofrece unha depuración máis eficaz con baixos custos de explotación, cun consumo enerxético reducido e cun mantemento simplificado

29/06/2026 | 13:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina máis de 309.200 euros á dixitalización da xestión da auga en catro concellos da área de Ferrol

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe en Mañón as actuacións acometidas no marco do Plan de dixitalización da xestión do ciclo integral da auga

25/06/2026 | 12:16 | A Presidencia da Xunta

A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sirenas de aviso á poboación das presas de Galicia

O obxectivo é garantir a operatividade e que a poboación recoñeza o sinal acústico en caso de emerxencia

20/06/2026 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 210.000 euros á mellora da praia fluvial do río Furelos, en Melide

Ángeles Vázquez explica que esta acción dá resposta a unha demanda da veciñanza e dos pescadores xa que permitirá recuperar a dinámica fluvial no río e evitará a persistencia de sedimentos e lodos acumulados na zona de baño durante o verán

20/06/2026 | 10:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 17 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos do río Umia ao seu paso por Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento

19/06/2026 | 14:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Poio destinarán 4 M€ a construír un novo bombeo e un segundo tanque de tormentas no municipio para seguir mellorando o saneamento na ría de Pontevedra

Ángeles Vázquez salienta que esta actuación beneficiará a unha poboación estimada de 8.246 persoas e permitirá resolver as limitacións actuais do sistema de depuración municipal, caracterizado pola entrada de auga do mar e infiltracións na rede e os alivios en época de chuvias, factores que provocan un exceso de caudal