Actualidade
Buscador de novas
Rueda reitera o apoio da Xunta no proceso de transición enerxética do tecido industrial galego
Destaca o porto de Ferrol como referente no proceso de descarbonización
A Xunta reclama ao Estado un marco común e ben definido que asegure o despregamento dos proxectos de almacenamento enerxético
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou en Valladolid nunha nova edición do Aepibal Day, un dos maiores foros a nivel estatal sobre o sector, onde destacou a necesidade de unificar criterios e potenciar un recurso fundamental para a estabilidade do sistema eléctrico
Lorenzana prosegue con Airbus a rolda de contactos con empresas que poidan participar na Estratexia de Seguridade, Defensa e Aerospazo da Xunta
O obxectivo céntrase en abrir as cadeas de valor de Airbus a outros contratistas galegos e en apoiar aos seus provedores para ampliar as súas capacidades de produción nos vindeiros cinco anos, favorecendo, así, novos proxectos en común
A Xunta chama a investir en seguridade industrial para reforzar a competitividade do sector en Galicia
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, inaugurou esta mañá o Congreso Anual de Seguridade Industrial que se celebra estes días en Ferrol
A Xunta reafirma o seu apoio ao tecido industrial lucense para seguir avanzando cara un modelo moderno e sostible
O delegado territorial, Javier Arias, participou na clausura dun foro Conecta Lugo sobre industrialización e sostibilidade, no que compartiron a súa experiencia representantes dos ámbitos da empresa, a ciencia e a Administración
Lorenzana: “A falta de investimento na rede eléctrica é unha das maiores catástrofes e a peor herdanza que vai deixar o Goberno central”
Empraza ao Executivo central a investir máis recursos públicos na mellora da rede de transporte de enerxía en España. “A mellor maneira de facer crecer España sería gastando os impostos de todos os españois en reforzar a rede de transporte eléctrico”, di
A Xunta organiza unha campaña de concienciación sobre a seguridade contra incendios nos polígonos industriais
A iniciativa contempla a realización dunha rolda de xornadas informativas dirixidas a empresas, organizacións e colexios profesionais que se desenvolverán entre os días 24 e 28 de novembro nos principais parques empresariais de Galicia
Lorenzana destaca o investimento da Xunta de máis de 22 M€ para a ampliación do polígono industrial Lalín 2000
Avanza que a previsión é que as obras de urbanización, licitadas por 11,2 millóns de euros, comecen a mediados do próximo ano para que os máis de 300.000 m² de superficie ampliada, distribuídos en 42 parcelas, estean á disposición das empresas en 2028
A Xunta destaca en China o “apoio clave” da antena do Igape para facilitar contactos e reforzar a presenza das empresas galegas no mercado asiático
Galicia presentou ante autoridades da cidade de Chongquing e grandes corporacións industriais o potencial dos seus principais sectores estratéxicos para abrir novas vías de cooperación