Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.337 novas da área temática Igualdade:

04/09/2024 | 13:19 | C. de Política Social e Igualdade

Preto de 30.000 nenos e as súas familias benefícianse do programa de conciliación da Xunta, ao que se destinan 7,7 M€

A través do Plan Corresponsables achéganse recursos a case 170 concellos, unha vintena de entidades sociais e 60 asociacións de nais e pais para que organicen actividades de lecer e de conciliación durante todo o ano

02/09/2024 | 13:34 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con máis de 280.000 euros a contratación de profesionais para os CIM da área de influencia de Pontevedra

O delegado territorial visitou o CIM de Ponte Caldelas e destacou o “importante traballo” que se leva a cabo nestes centros

01/09/2024 | 10:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberta a convocatoria das axudas a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de vítimas de violencia de xénero

Estas achegas, cun orzamento de 600.000 euros, poden solicitarse ata o próximo 20 de setembro

30/08/2024 | 20:10 | C. de Política Social e Igualdade; C. do Mar

A Xunta recoñece a contribución das mulleres do mar á sociedade galega

Varias mulleres relacionadas co sector mariñeiro foron homenaxeadas nun acto organizado pola Casa da Muller de Ponteceso e a Fundación Eduardo Pondal, que traballan da man do Goberno galego na loita contra a violencia de xénero

29/08/2024 | 22:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Pantin Classic colaboran un ano máis na loita contra a violencia de xénero

Cun investimento de 80.000 euros nos últimos catro anos, o Goberno galego aposta polas campañas de sensibilización e a atención especial ás vítimas e aos seus fillos no marco deste campionato de surf

29/08/2024 | 15:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia con máis de 260.000 euros os programas de conciliación familiar do Salnés

O delegado territorial visitou o programa de conciliación de Meis e destacou o “extraordinario traballo” dos monitores e monitoras do programa

28/08/2024 | 13:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a aposta de Aceesca pola integración laboral das persoas con discapacidade intelectual

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social visitou hoxe no Porriño a cafetaría Lume, onde se desenvolve un proxecto de formación dual da Asociación de apoio ás persoas con diversidade intelectual financiado polo Goberno galego

27/08/2024 | 10:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lanza unha nova convocatoria do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino

O Goberno galego destina 5 millóns de euros, a maior contía da historia, a catro liñas de axudas de entre 3.000 e 42.000 euros que poden solicitarse dende mañá

26/08/2024 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o apoio ás familias este curso no que por primeira vez a matrícula universitaria é gratuita

“Somos a única Comunidade onde o acceso a todo o ensino é de balde, desde as escolas infantís ata a obtención dun título universitario ou de FP”, afirma

26/08/2024 | 11:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta autoriza seis novas casas niño no rural cun orzamento de 560.000€

Isto supón 30 novas prazas totalmente gratuítas para nenos de 0 a 3 anos en concellos nos que non hai escola infantil