Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.192 novas da área temática Medio ambiente:

21/03/2025 | 16:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta congratúlase de que o supremo avale a correcta tramitación do parque de Campelo, que abre a porta a levantar a paralización polo TSXG de 64 parques eólicos

A sentenza do Alto tribunal español resolve que o Executivo galego realizou unha tramitación ambiental conforme a dereito na autorización deste parque e rexeita que recorrese ao fraccionamento, en contra do que defendía un fallo do TSXG

21/03/2025 | 15:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

MeteoGalicia cede ao Arquivo de Galicia 370 mapas meteorolóxicos de Santiago Pemán, algúns con máis de 70 anos de historia, para preservalos como patrimonio cultural da comunidade

Ángeles Vázquez agradece “ao home do tempo por excelencia” que cedese no seu día estes documentos para, co tempo, converterse en “auténticos tesouros” pois os máis antigos datan do ano 1954 e están feitos a man coas isóbaras debuxadas sobre eles

20/03/2025 | 15:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia aplaude que o Congreso dos Deputados emende o erro cometido polo Goberno central desde 2021 e obrigue a rebaixar a protección do lobo

Ángeles Vázquez congratúlase da aprobación de tres emendas que permiten retirar o lobo do Listado de especies silvestres en réxime de protección especial, incluído hai case catro anos polo Executivo central de xeito unilateral e sen aval científico

19/03/2025 | 16:15 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Renovación da alianza de Mar e Medio Ambiente no ámbito da oceanografía operacional que da soporte ao observatorio costeiro da Xunta

Alfonso Villares destaca o papel da rede galega de observación océano-meteorolóxica que contribúe á eficiencia na xestión de eventos extremos, á resiliencia ante o cambio climático e á xestión sostible dos recursos mariños

19/03/2025 | 15:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por preto de 175.000 € o contrato para garantir o servizo de asistencia sanitaria no Parque Nacional das Illas Atlánticas en 2025 e 2026

A finalidade é ofrecer este servizo presencial en Cíes e Ons nas épocas do ano nas que se concentra a maior afluencia de visitantes

18/03/2025 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta a importancia de poñer en valor o patrimonio natural de Galicia con axudas como as que a Xunta destina ás reservas da biosfera

A Xunta apoiou o acondicionamento exterior do centro de recepción de visitantes de Mabegondo coa sementeira de céspede, árbores autóctonas ou a colocación de mesas e bancadas, entre outras accións, cun investimento de máis de 30.000 euros

18/03/2025 | 13:38 | C. do Mar

O proxecto Free LitterAT, coordinado polo Cetmar, reúne nun kit de ferramentas en liña os recursos de 25 proxectos europeos para previr e reducir o lixo mariño

O traballo en rede foi desenvolvido no marco do proxecto Free LitterAT en colaboración co equipo de traballo do Pilar IV sobre Océanos Saudables e Costas Resilientes do Plan de Acción do Atlántico da Comisión Europea

16/03/2025 | 12:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor a actividade cinexética como ferramenta clave para garantir o equilibrio ecolóxico no medio natural

Subliña que para facilitar o labor do colectivo o seu departamento ofrece axudas para a mellora dos hábitats cinexéticos e a construción de tobeiras artificiais nos Tecores