Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.799 novas da área temática Mar:

04/04/2025 | 16:25 | C. do Mar

Alfonso Villares presenta ao sector o Decálogo Estratéxico de Galicia na defensa dos seus intereses ante a revisión da Política Pesqueira Común

O documento elaborado pola Xunta reformula o Ditame aprobado no 2022 e se suma ao Informe sobre o impacto sobre o sector pesqueiro do conxunto de propostas lexislativas e non lexislativas da Comisión encargado á Fundación MarInnLeg no 2023

04/04/2025 | 16:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta busca solucións innovadoras para mellorar a prestación de servizos públicos á cidadanía

Seis consellerías presentan os seus proxectos a empresas, organismos de investigación e centros tecnolóxicos para coñecer o grao de desenvolvemento destas tecnoloxías no mercado

04/04/2025 | 13:40 | C. do Mar

Villares destaca a unión e a sustentabilidade como valores que definen a colaboración con Acerga no marco do modelo de cogobernanza do sector

O responsable autonómico puxo en valor os logros alcanzados ante o Estado como a agrupación dos topes diarios de sardiña en dous cotas semanais ou a elevación á Comisión a petición de adianto do 5% da cota prevista de sardiña para este ano 

03/04/2025 | 17:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia reclama no Comité das Rexións a defensa do produto pesqueiro comunitario fronte ao de terceiros países

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no pleno do CdR como coordinador da delegación española nesta asemblea

03/04/2025 | 16:52 | C. do Mar

A Xunta consolida as relacións pesqueiras de Galicia con Cabo Verde, favorecendo o emprego e a internacionalización do sector

O conselleiro pon en valor a industria galega transformadora de produtos do mar, na que Jealsa é un axente imprescindible

03/04/2025 | 16:34 | C. do Mar

A Xunta sementa coa confraría de Cambados 2,8 millóns de unidades de ameixa babosa no marco do proxecto de rexeneración do banco do Galiñeiro

O conselleiro do Mar asistiu a unha das xornadas de traballo de sementado recollidas nesta iniciativa que inclúe o descompactado  e remoción do substrato existente nunha superficie de 130 mil m2

03/04/2025 | 16:13 | C. do Mar
03/04/2025 | 16:10 | C. do Mar

Mar sitúa aos portos pesqueiros e ás lonxas como elementos clave na estrutura territorial de Galicia

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro defende a importancia de dotar a estas estruturas dos servizos precisos para que a actividade marítima se poida realizar de xeito máis eficaz para a frota