Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.072 novas da área temática Territorio:

18/12/2024 | 14:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
16/12/2024 | 11:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A nova tempada de pesca continental comezará en Galicia o 16 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo

No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas

15/12/2024 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Concello de Vilalba adhírese á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou coa alcaldesa o acordo polo que a APLU asume as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística en obras e usos do solo que se executen sen licenza ou sen axustarse ás súas condicións

14/12/2024 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 230.000 euros as obras de rehabilitación da área recreativa da Peneda en Monterroso, financiadas ao abeiro do Plan Hurbe

A intervención neste espazo de lecer ao carón do río Ulla permitirá mellorar a envolvente térmica da cafetería e a accesibilidade ao recinto, facilitando así as condicións de confort dos usuarios, así como as condicións de funcionalidade e integración paisaxística da zona

14/12/2024 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de humanización de varias prazas do concello de Coristanco

A actuación, impulsada ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, adxudicouse por importe de 267.565€

14/12/2024 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras da reforma e mellora de rúa en Fumaces, no concello de Riós

Os traballos, que se enmarcan no Plan Hurbe da Xunta, foron adxudicados por importe de 237.251€

13/12/2024 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima ao sector gandeiro a solicitar xa as axudas para a adquisición de cans, pastores eléctricos e valados móbiles para previr os ataques do lobo

Ángeles Vázquez lembra que esta semana se abriu a convocatoria para 2025 dunha liña de achegas para implantar medidas preventivas tamén fronte ao oso e o xabaril, cun orzamento global de 1,54 M€

12/12/2024 | 12:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta manterá as bonificacións autonómicas no transporte interurbano en 2025 con independencia do que decida o estado con respecto aos seus descontos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a continuidade da redución do 20% no prezo do billete para as persoas usuarias da Tarxeta de Mobilidade de Galicia, aínda que o Goberno central non asuma o outro 30% como ata o de agora