Actualidade
Buscador de novas
A Xunta participa nun proxecto europeo para a alerta temperá de incendios forestais mediante a xestión de datos vía satélite por intelixencia artificial
O director xeral de Defensa do Monte participou por videoconferencia na reunión de lanzamento deste proxecto de cooperación para o desenvolvemento de infraestruturas dixitais de datos, nubes conxuntas e novos sistemas espaciais
A Xunta destaca a ampliación do centro de saúde do Porriño como mostra da aposta do goberno autonómico polo emprego da madeira estrutural
As obras de reforma do edificio do centro sanitario complementan a ampliación inaugurada no mes de outubro, cun investimento global de 4,3 millóns de euros
A Xunta destina preto dun millón de euros á plantación de 20.800 castiñeiros para froito
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se aproban estas achegas, que beneficiarán a 69 expedientes
A Xunta fomenta a recuperación e conservación dos soutos tradicionais xunto á mellora da súa xestión mediante as agrupacións forestais conxuntas
O Goberno galego investiu este ano 131.500 euros no plan piloto de recuperación e conservación de soutos tradicionais nas provincias de Lugo e Ourense, que permitiu actuar nunha superficie total de 356,38 hectáreas e que se enmarca, á súa vez, no Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña
Rueda destaca o Centro Integral de Loita contra o Lume como referente en formación, cooperación e investigación en incendios forestais
Subliña a “magnífica rehabilitación” da lavandaría do antigo psiquiátrico para convertelo nun espazo formativo e administrativo
A Policía autonómica esclarece un incendio forestal en Boiro
Como resultado da investigación e grazas á colaboración da Policía Local e da veciñanza, determinouse que o lume foi intencionado e logrouse identificar a persoa autora
A Xunta mostra ao alumnado de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo a importancia do uso da cartografía na xestión do territorio
Un grupo de estudantes puido comprobar como se aplican distintas ferramentas á xestión forestal así como diferentes solucións aportadas pola intelixencia artificial en cuestións relacionadas coa xestión do solo
A Xunta destinará en 2024 máis de 2 M€ ao convenio de colaboración cos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural
Estas axudas, enmarcadas no programa Leader, financian proxectos de formación, animación e promoción territorial en diferentes comunidades rurais