Actualidade
Buscador de novas
Galicia e outras 12 comunidades logran que o Goberno central retire o debate sobre o estado do lobo da orde do día da Comisión Sectorial de Medio Ambiente
Lamentan a profunda deslealdade institucional do secretario do Estado de Medio Ambiente que intentou abordar esta cuestión logo de ter anunciado a súa retirada da orde do día ao comezo da reunión
Ángeles Vázquez e a alcaldesa de Cervo avalían vías de colaboración para mellorar o servizo de abastecemento de auga na contorna de Trasbar
Os técnicos de Augas de Galicia analizarán o proxecto presentado polo Concello de cara a valorar a súa viabilidade e as posibles fórmulas para acometer o seu financiamento
A Xunta inicia as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento do lugar do Canedo cun investimento de arredor de 700.000 euros
Ángeles Vázquez salienta que os traballos, cun prazo de execución de seis meses, supoñen substituír as traídas e pozos particulares existentes por canalizacións comunitarias para dar un servizo adecuado á veciñanza co ano 2045 como horizonte
A Xunta mellora as condicións laborais e retributivas do persoal adscrito ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
As modificacións benefician a 37 dos 49 profesionais que traballan nos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación dunha explotación de vacún de leite no concello de Mazaricos
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que as actuacións teñan impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta dá luz verde ambiental a unha planta de almacenamento de residuos non perigosos en Cambre
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Galicia e outras 12 rexións exixen ao Goberno central que lles envíe xa o informe sobre o estado do lobo para poder sometelo á aprobación das comunidades
Nunha carta dirixida ao secretario de Estado de Medio Ambiente, lembran que o prazo fixado para que o Ministerio enviara a documentación rematou o 15 de xuño
A Xunta anima a coñecer Galicia a través dos seus 54 sendeiros azuis e reivindica Sanxenxo como o municipio de España con máis rutas galardoadas
Ángeles Vázquez salienta que a comunidade galega lidera este ano a clasificación nacional de itinerarios azuis, que suman en total máis de 388 quilómetros