Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.098 novas da área temática Forestal:

27/11/2023 | 13:51 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Deputación de Ourense colaboran na loita contra os lumes cunha nova entrega de maquinaria a 13 concellos ourensáns, cun investimento de case 1,3 M€

José González recordou que a implicación das deputacións é unha obriga moral, pero tamén unha cuestión legal, xa que a normativa de Réxime Local contempla entre as súas competencias a loita contra o lume en concellos de menos de 20.000 habitantes
 

27/11/2023 | 12:34 | C. do Medio Rural

A prevención, investigación e extinción de incendios forestais centrará en Silleda o II Congreso Internacional Interlumes, organizado pola Xunta

Terá lugar entre mañá martes e o vindeiro xoves día 30 no recinto feiral de Silleda, enmarcado na Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (Sedexpo)
 

24/11/2023 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Agustín Reguera felicita o gran traballo dos brigadistas no 25 aniversario da base de helicópteros do Campiño

A base organizou unha xornada de portas abertas na que convidaron ao alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra

24/11/2023 | 15:11 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu máis de 715.000 euros en formación para unha continua profesionalización do persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais

Na súa comparecencia, Manuel Rodríguez resaltou o esforzo do Goberno galego por ofrecer un Plan de formación ambicioso para o SPIF, creado dende a propia dirección xeral e impartido principalmente por persoal do propio Servizo

24/11/2023 | 12:37 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia o procedemento de investigación da titularidade de parcelas nos polígonos agroforestais de Cualedro e Oímbra, na provincia de Ourense

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os correspondentes anuncios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
 

22/11/2023 | 11:09 | C. do Medio Rural

Medio Rural destinou preto de 10 M€ nos últimos tres anos para renovar o parque móbil da Consellería, con 427 novos vehículos

O conselleiro do Medio Rural destacou que estas partidas son unha mostra máis do compromiso do goberno galego a prol da dotación de medios do persoal, ao mesmo tempo que se sigue avanzando na optimización do servizo prestado aos galegos

20/11/2023 | 11:20 | C. do Medio Rural

A Xunta publica a Guía para fomentar a madeira na contratación pública de edificacións sustentables

Este documento, elaborado pola Axencia Galega da Industria Forestal -dependente da Consellería do Medio Rural-, busca facilitar ás administracións que así o desexen o uso de madeira na licitación pública de edificios sustentables

16/11/2023 | 16:41 | C. do Medio Rural

A Xunta sitúa as novas fachadas ventiladas de madeira do centro formativo de Sergude como exemplo da aposta do Goberno autonómico por este material

Ata o 20% das edificacións impulsadas polo Goberno autonómico empregarán madeira na súa estrutura, unha porcentaxe que irá medrando gradualmente a partir de 2024