Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia as melloras no local social da asociación de veciños e cultural O Sarillo de Gomesende
A directora xeral de Administración Local visitou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, as obras realizadas ao abeiro do Plan específico de acción comunitaria de 2024
Allegue reclama unha vez máis unha reunión co ministro Óscar Puente para abordar a xestión da AP-9
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas empraza ao ministro de Transportes y Movilidad Sostenible a unha reunión para expoñer o novo estudo da Xunta que conclúe que o rescate é neste momento a solución máis vantaxosa para o interese público e cuantifica esta medida en 2.356M€
A Xunta inicia a urbanización do Polígono 2 de Navia en Vigo
O Goberno galego fai un investimento de 16,3 M€ nesta actuación
A Xunta licita por máis de 2,5 M€ a obra de rehabilitación integral do centro integrado de FP Ánxel Casal – Monte Alto, na Coruña
A intervención ten un prazo de execución de nove meses e ten como finalidade modernizar as instalacións do edificio, que ten unha antigüidade de máis de 40 anos
Gómez Caamaño avanza a renovación dos falsos teitos de todo o bloque de hospitalización do edificio antigo do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol
Adianta que se renovarán os falsos teitos das plantas 3ª, 4ª, 5ª, 6ª e 7ª e que xa se están a facer os trámites necesarios para iniciar os traballos canto antes co obxectivo de que estean rematados cara a finais do verán
A Xunta colabora co concello de Friol na construción dun centro de interpretación da natureza en San Pedro de Narla, que suporá un investimento de 220.000€
O obxectivo é aproveitar o crecente interese polo turismo rural e o contacto coa natureza
Xunta e concello de Chandrexa de Queixa colaboran na humanización dun espazo para a veciñanza en Celeiros e a construción dun edificio para uso recreativo, no que se investirán máis de 235.000 €
A humanización prevista permitirá habilitar un novo espazo para a veciñanza onde celebrar feiras, actividades de lecer e deporte, reunións e esparexemento para os usuarios da residencia de maiores
A Xunta colabora co Concello da Baña na mellora de varios viarios, entre eles o de Liñares-A Carballeira
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financia esta intervención a través dun préstamo por máis de 380.000€ do Fondo de Cooperación ao concello, a través da liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes
A Xunta coopera co Concello do Pino para a humanización das rúas Forcarei e dos Mollaos, que suporá un investimento de 605.000 euros
Trátase de acondicionar estas dúas rúas situadas no núcleo do Pedrouzo, mellorando os accesos e os servizos e dotacións municipais, nesta entorna de paso do Camiño de Santiago