Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca que o desenvolvemento de preto de 12 millóns de metros cadrados de novo solo industrial ata 2030 permitirá ampliar e atraer novas empresas
Salienta que suporá poñer a disposición nos próximos anos máis superficie que a que se habilitou desde a creación de Xestur, a mediados dos 80
A Xunta destaca o éxito da nova edición dos campamentos de verán para persoas con discapacidade
Puxéronse a disposición das familias un total de 250 prazas, repartidas entre as Residencias de Tempo Libre do Carballiño e Panxón, e o albergue xuvenil de Gandarío
A Xunta mellora a seguridade en once tramos do Camiño Fisterra-Muxía afastando os peregrinos da rede de estradas e renova unha senda xa existente
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación definitiva do proxecto de trazado dos tramos comúns deste itinerario xacobeo
A Xunta renova a cuberta da igrexa de San Xurxo de Lourenzá cun investimento de 122.500 euros
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, sinalou que as obras están practicamente rematadas e servirán para atallar os problemas de humidade no templo
A Xunta inicia as obras para transformar en 14 vivendas públicas na entre planta dun inmoble autonómico no concello de Narón
Esta actuación, cun investimento de 1,6 M€, permitirá transformar en fogares locais inicialmente estaban previstos para oficinas e que estaban sen uso
A Xunta destaca a aposta do mercado ‘Artesanamente’ pola Artesanía de Galicia e a gastronomía
O director de Comercio e Consumo participou esta mañá na presentación da segunda edición desta cita, que terá lugar en Santiago os días 18, 19 e 20 de setembro, con 24 expositores de Artesanía de Galicia e 16 de Artesanía Alimentaria
A Xunta inicia este fin de semana en Vilalba a nova quenda da convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motos
Nesta segunda convocatoria do 2026 celebraranse 4 cursos, que se impartirán, mañá, 12 de setembro no concello de Vilalba, o día 19 no de Vilaboa, e os días 26 e 27 de setembro en Curtis
A Xunta recibe 6 ofertas para executar as obras de acondicionamento da canella Jorge Ferreiro e da praza da Eiriña, no concello de Xunqueira de Ambía
As actuacións que se acometerán buscan rexenerar e poñer en valor estes viarios, situados na contorna da Colexiata de Santa María a Real e no ámbito de protección do Camiño de Santiago
Gómez Caamaño destaca o investimento de máis de 1,7 M€ na nova resonancia móbil con base no Meixoeiro, a primeira deste modelo avanzado na sanidade pública española
O novo equipamento incorpora intelixencia artificial aplicada ao posicionamento e reconstrución das imaxes para favorecer a súa calidade e axilizar procesos