Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.103 novas da área temática Forestal:

22/11/2023 | 11:09 | C. do Medio Rural

Medio Rural destinou preto de 10 M€ nos últimos tres anos para renovar o parque móbil da Consellería, con 427 novos vehículos

O conselleiro do Medio Rural destacou que estas partidas son unha mostra máis do compromiso do goberno galego a prol da dotación de medios do persoal, ao mesmo tempo que se sigue avanzando na optimización do servizo prestado aos galegos

20/11/2023 | 11:20 | C. do Medio Rural

A Xunta publica a Guía para fomentar a madeira na contratación pública de edificacións sustentables

Este documento, elaborado pola Axencia Galega da Industria Forestal -dependente da Consellería do Medio Rural-, busca facilitar ás administracións que así o desexen o uso de madeira na licitación pública de edificios sustentables

16/11/2023 | 16:41 | C. do Medio Rural

A Xunta sitúa as novas fachadas ventiladas de madeira do centro formativo de Sergude como exemplo da aposta do Goberno autonómico por este material

Ata o 20% das edificacións impulsadas polo Goberno autonómico empregarán madeira na súa estrutura, unha porcentaxe que irá medrando gradualmente a partir de 2024

09/11/2023 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta inviste 119.000 euros nun simulador de traballos forestais para o centro de formación de Becerreá

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que mellora o adestramento no uso de maquinaria e permite programar e rexistrar resultados do usuario e do equipo

06/11/2023 | 17:54 | C. do Medio Rural

A Axencia Galega da Industria Forestal contará en 2024 cun 14,5% máis de orzamento para seguir mellorando a competitividade do sector

Jacobo Aboal referiuse aos 11 millóns de euros que se destinarán ao para o financiamento de tecnoloxías forestais para dar resposta a unha demanda do sector

03/11/2023 | 15:12 | C. do Medio Rural

A Xunta promove un polígono agroforestal no concello ourensán dos Blancos que mobilizará preto de 30 hectáreas

Inés Santé trasladou que o polígono se situará nunha zona na que existe unha demanda de terras para gandaría en extensivo, por exemplo de ovino, polo que esta ferramenta irá orientada a satisfacer estas necesidades

03/11/2023 | 13:21 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a aposta do Goberno galego polo fomento do uso da madeira como elemento estrutural, para o que destinará 2 M€ no 2024

Estes complexos turísticos da Baixa Limia forman parte das 164 empresas e particulares que recibiron na última convocatoria achegas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais

30/10/2023 | 21:22 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará en 2024 83,1 millóns de euros en axudas para potenciar a competitividade e favorecer a remuda xeracional no agro galego

Entre os eixos de traballo da Consellería, José González remarcou o impulso ao sector forestal, que contará con importantes liñas de axuda -como 11 millóns para tecnoloxía ou 2 millóns para favorecer a construción en madeira- e unha aposta polo asociacionismo forestal ou a recuperación e plantación de soutos