Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Xuventude:

18/02/2023 | 14:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca unha nova edición dos premios Talento Mozo para recoñecer a traxectoria e capacidade da mocidade galega

Distinguiranse as mellores candidaturas nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa e Cultura e creación

17/02/2023 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia o novo centro de estancia de Campo Lameiro, que abrirá as súas portas o vindeiro mes de marzo cunha unidade de vida activa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde, Carlos Costa, informaron da apertura deste servizo na visita que realizaron hoxe ás xornadas de portas abertas

15/02/2023 | 12:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a labor dinamizadora e informativa que realizan os Correspondentes Xuvenís

Estudantes de Formación Profesional Básica de Electricidade e electrónica e do ciclo medio de Xestión administrativa encárganse de actualizar o taboleiro de anuncios do centro, poñen en marcha un grupo de lectura, participan en obradoiros de intelixencia emocional ou preparan actividades para o entroido, entre outras accións

11/02/2023 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor as actividades do programa Xogade para inculcar a práctica da actividade física aos rapaces e rapazas en idade escolar

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, acompañou hoxe en Sada aos case 500 participantes na fase provincial da Coruña da actividade de Campo a Través do programa Xogade

11/02/2023 | 11:45 | C. de Política Social e Igualdade

O programa de ocio educativo ‘Día da Xuventude’ da Xunta chega mañá a Mugardos

A xornada contará con xogos e con obradoiros de empregabilidade, de igualdade de xénero, de sensibilización medioambiental, de gastronomía saudable e de lecer educativo entre outros

10/02/2023 | 13:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para participar na terceira edición do programa Xuventude Mentoring

Máis de 300 mozos de entre 18 e 30 anos participaron neste programa para formarse, asesorarse e lograr o seu primeiro contacto co mundo laboral

10/02/2023 | 12:45 | C. de Política Social e Igualdade

O programa de ocio educativo ‘Día da Xuventude’ da Xunta chega a Sarria mañá

A xornada contará con xogos e con obradoiros de empregabilidade, de igualdade de xénero, de sensibilización medioambiental, de gastronomía saudable e de lecer educativo entre outros

08/02/2023 | 14:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca as oportunidades que ofrece o programa Emprega Xuventude para abrir as portas do mercado laboral ao talento da mocidade galega

Recorda que tralo éxito da primeira edición, o Goberno autonómico sacou unha nova convocatoria á que destina preto de 30 M€ para facilitar a contratación de preto de 2.000 mozas e mozos