Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destinou en 2024 máis de 57 M€ á sostibilidade do sector marisqueiro
A directora xeral adianta que as axudas á rexeneración dos bancos marisqueiros do vindeiro ano estarán a disposición do sector no mes de xaneiro para seguir avanzando no desenvolvemento do Plan de Competitividade e Sostibilidade
A Xunta aumenta en 2025 un 80% os fondos para a mellora da comercialización dos produtos marítimo-pesqueiros e acuícolas
Trátase dunha clara aposta por aumentar a rendibilidade do sector, plasmada en campañas como 'GALICIA SABE AMAR' e outras liñas de actuación dirixidas ao impulso da internacionalización
A Xunta destina 18M€ para consolidar a industria de cultivos mariños en Galicia
Este esforzo inversor, que supón un 65% máis con respecto aos dous últimos exercicios, demostra o compromiso do Goberno galego para seguir impulsando este sector, representado en máis de 2.600 empresas que dan emprego a 5.600 persoas
Alfonso Villares resalta o papel dos GALP no desenvolvemento e execución do ‘Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030’
O documento impulsado pola Consellería do Mar repasa os oficios e bens materiais e inmateriais ligados ao mar e propón cen medidas para preservalos ademais de enxalzar os espazos singulares da cultura mariñeira
Cetmar pecha o ano con 52 proxectos e servizos en marcha e cun orzamento para 2025 que supera os 4,5 millóns de euros
O conselleiro do Mar presidiu hoxe unha reunión ordinaria do Padroado da Fundación na que se aprobou o plan de actuación e o orzamento do centro para 2025
A Xunta leva o mellor sabor das rías galegas ao Milladoiro coa campaña de GALICIA SABE AMAR
A delegada da Xunta, Belén do Campo visitou a foodtruck da campaña
A Xunta apoia a promoción da pescada de pincho, o bonito do norte e o peixe espada da Organización de Produtores de Burela (OPP-7) en Madrid
No acto fíxose un percorrido das accións e campañas de promoción da OPP Burela, cofinanciadas pola Consellería do Mar, nas que se pon o foco na orixe, calidade e propiedades nutritivas do produto así como a sustentabilidade das artes de pesca
Alfonso Villares sitúa aos GALP como elementos determinantes no fomento da economía azul
Considera que estes entes son claves para axudar a impulsar proxectos innovadores na busca do equilibrio entre o capital e o uso dos recursos mariños de cada zona
Galicia aborda con outras rexións marítimas de Europa o impulso de novas iniciativas en apoio da actividade pesqueira a través da CRPM
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu á recepción do novo presidente da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), o comisario rexional de Gotland (Suecia), Filip Reinhag
A nova tempada de pesca continental comezará en Galicia o 16 de marzo e prolongarase ata o 31 de xullo
No caso do salmón, o período hábil para exercer a actividade irá do 1 de maio ao 31 de xullo, aínda que poderá acurtarse en función da cota de capturas