Actualidade
Buscador de novas
M. Allegue inaugura o foro que abordará as claves da Axenda Territorial de Galicia para as vindeiras décadas
As xornadas desenvolveranse os vindeiros días na sede da Fundación RIA e contarán coas achegas de expertos do urbanismo, da mobilidade ou da vivenda
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá entre os días 22 e 24 deste mes a asemblea xeral da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se darán cita na cidade máis de 200 representantes de toda España grazas á implicación do Goberno galego
Belén do Campo destaca un novo apoio da Xunta de 145.000 euros para seguir potenciando o atractivo turístico do Concello de Dumbría
Este municipio recibiu tres axudas para mellorar as marxes no acceso ao miradoiro do Ézaro para renovar a pasarela no entorno da praia do Ézaro e para realizar un mapa en 3D do Concello
A Xunta financia con 17.000 euros melloras na sede da asociación veciñal de San Pedro de Seixas, en Cospeito
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se acondicionaron un aparcamento e unha zona exterior para actividades, entre outros traballos
A Xunta pon en marcha o novo Polo de Vilanova de Arousa, consolidando con 15 oficinas activas en toda Galicia a Rede de emprendemento e apoio ao emprego
José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos empresariais desde xullo de 2022, dos que preto de 800 foron na provincia de Pontevedra
López Campos salienta a importante participación de Galicia en Rutas culturais europeas que “testemuña o valioso patrimonio co que conta a Comunidade”
O titular de Cultura da Xunta pon en valor os itinerarios galegos recoñecidos polo Consello de Europa, como o do Camiño de Santiago ou da Arte rupestre prehistórica
Medio Rural incrementa ata os 2,37 M€ o orzamento das achegas para o fomento da boa gobernanza nos montes veciñais en man común e nos montes de varas
O aumento, que se recolle nunha orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), débese á boa acollida que tivo a convocatoria, co fin de dar resposta ao maior número de solicitudes posibles
A Xunta e o Concello de Mondoñedo exploran vías de colaboración para modernizar o matadoiro municipal e garantir a súa actividade
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o rexedor mindoniense, Manuel Ángel Otero, abordaron nunha xuntanza de traballo as necesidades estruturais e de equipamento advertidas na infraestrutura municipal
A Xunta e nove concellos da área de Lugo acordan prorrogar o Plan de Transporte Metropolitano ata 2028 cun investimento autonómico de máis de 247.600€
O Goberno galego continuará financiando os descontos do 80% nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos e as bonificación adicionais aos usuarios recorrentes e membros de familias numerosas con case 62.000 euros ao ano