Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 924 novas da área temática Emerxencias e interior:

24/04/2023 | 10:25 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 58 persoas por 46 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 21 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 23 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico

20/04/2023 | 17:53 | C. do Mar

A Xunta saca a concurso o contrato para a prestación do servizo aéreo de rescate de Gardacostas para os próximos catro anos

A empresa adxudicataria terá que poñer a disposición dous helicópteros para blindar un servizo que exixe operatividade as 24 horas e os 365 días do ano e un tempo de resposta ante calquera emerxencia de 10 minutos

20/04/2023 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa catro quilos de percebe na Coruña

A incautación realizouse en colaboración con confrarías de pescadores da área coruñesa no marco dun dispositivo de prevención do furtivismo

19/04/2023 | 15:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa nun simulacro de atención a familiares no aeroporto Rosalía de Castro

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu ao exercicio destinado a avaliar a constitución das salas para a atención a vítimas e familiares

17/04/2023 | 10:11 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 38 persoas por 36 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 14 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 16 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 42 chamadas por accidentes de tráfico

10/04/2023 | 11:03 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 105 persoas por 75 accidentes de tráfico durante a Semana Santa

Desde as 15,00 horas do mércores, 5 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 9 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 90 chamadas por accidentes de tráfico

09/04/2023 | 18:52 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 23 hectáreas provisionais

05/04/2023 | 10:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca seis cursos para persoal das forzas de seguridade no marco dun convenio entre a Agasp e o Sindicato Unificado de Policía

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa que prevé o acordo para este primeiro semestre, con 370 prazas

05/04/2023 | 09:56 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia pídelles precaución aos condutores nos desprazamentos durante a Semana Santa

Resulta fundamental o uso da App Sergas Móbil para chamar ao 061 porque permite xeolocalizar a súa chamada e axilizar así a localización do lugar do sinistro