Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.138 novas da área temática Vivenda:

06/09/2024 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 4,1M€ na construción de 20 vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro no barrio San Eleuterio-Tameiga, en Mos

Trátase dun edificio de tres alturas, con vivendas de entre 2 e 4 dormitorios, e contará con 29 prazas de garaxe e 20 rochos

30/08/2024 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis de 1M€ na rehabilitación de 5 inmobles en Betanzos que destinará a alugueiro social

María M. Allegue subliñou que nalgúns destes inmobles se están a ultimar os traballos en acabados interiores e carpintería, polo que se prevé o remate en apenas un mes

28/08/2024 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta ten aberto ata o próximo 13 de setembro o prazo para solicitar as axudas para actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, informou da convocatoria durante unha visita a un inmoble situado na estrada de Catabois e beneficiario dunha achega desta liña de subvencións da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas dotada este ano cun orzamento de 3,5 millóns de euros

23/08/2024 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita os servizos de control de calidade para a construción de 134 novas vivendas de promoción pública situadas nos concellos da Coruña, Ourense e Mos

Estes contratos, licitados por 140.346 euros, son complementarios dos contratos para executar 50 vivendas na parcela Z-38, no barrio coruñés de Xuxán; a construción de 64 vivendas na praza de Cambedo de Raia, na cidade de Ourense; e a execución dun edificio para 20 vivendas no barrio de San Eluterio-Tameiga, no concello pontevedrés de Mos

19/08/2024 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita os proxectos e a construción de 57 vivendas de promoción pública en Navia, Vigo, cun investimento de 12,8 M€

Habilitaranse dous edificios de 38 e 19 vivendas de promoción pública, destinadas ao alugueiro social

14/08/2024 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

O Consorcio Casco Vello de Vigo adxudica a rehabilitación dun edificio e o alugueiro dun novo local comercial

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, presidiu o comité executivo e o consello de administración

14/08/2024 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para o ano 2024

A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia

12/08/2024 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a rehabilitación de 4 edificios que permitirá habilitar 14 vivendas para alugueiro social en Ourense, Ribadavia e Tui

A contratación realízase en 3 lotes, cun investimento global de 3,2 M€, e as empresas poden presentar ofertas ata o 20 de setembro

09/08/2024 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 3,5M€ a urbanización residencial de Pedralonga na Coruña

Trátase dunha das actuacións recollidas no Proxecto de Interese Autonómico do Novo CHUAC, e a urbanización reserva chan para 17 vivendas unifamiliares, zonas verdes, área comercial, aparcadoiros e un novo viario residencial con preferencia para peóns

09/08/2024 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ana Ortiz entrega as chaves dunha vivenda pública en alugueiro na avenida de Galicia de Vigo

A delegada da Xunta destaca que a vivenda foi recentemente reformada cun investimento de preto de 35.000 €