Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.901 novas da área temática Áreas temáticas:

10/09/2026 | 15:21 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta que o novo Plan de Saúde Mental prevé un modelo común de prevención da conduta suicida en Galicia con especial atención aos maiores e adolescentes

Avanza que a Xunta prevé estender o programa YAM a todo o alumnado de 3º da ESO de Galicia o vindeiro curso, tras acadar xa os 231 centros

10/09/2026 | 15:15 | C. de Sanidade

Sanidade salienta a utilidade do sistema de atención telefónica CRM100 para garantir resposta a todas as chamadas rexistradas nos centros de saúde

López Linares subliña que o modelo da Xunta combina o traballo dos profesionais públicos con ferramentas tecnolóxicas co obxectivo de acadar unha maior eficiencia e equidade no ámbito da atención sanitaria

10/09/2026 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 95.000€ á mellora do campo de fútbol do parque empresarial de Outeiro de Rei

A directora xeral de Administración Local e o delegado da Xunta en Lugo visitaron as actuacións executadas no marco da convocatoria do 2025 do Fondo de Cooperación Local e da Orde de infraestruturas de uso público deste ano

10/09/2026 | 15:00 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita a Amicos por consolidarse como un referente europeo de compromiso medioambiental e inclusión

A conselleira participa no programa de conservación e coidado dos mares que desenvolve a entidade en Sálvora grazas ás axudas con cargo ao 0,7% do IRPF

10/09/2026 | 14:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza nos traballos para licitar a finais de ano as obras de construción do novo parque empresarial de Ribeira

O xerente de Xestur, Diego Toja, acompañado pola alcaldesa do municipio, María Sampedro, supervisou o inicio do estudo xeolóxico e xeotécnico previo ao desenvolvemento do futuro polígono, que terá unha superficie de 260.000 m2

10/09/2026 | 14:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa coa Fundación Arume a cadea de valor do piñeiro de Galicia

O convenio contempla unha subvención de 164.482 euros entre os anos 2026 e 2027 e recolle diversas actuacións, entre as que destaca a reformulación da marca de garantía ‘Pino de Galicia’

10/09/2026 | 14:50 | C. do Medio Rural

Medio Rural anima ás empresas agroalimentarias galegas a comprometerse contra o desperdicio alimentario

A conselleira María José Gómez visitou a Asociación Daquídarredor, un proxecto de espazos e cociñas de uso colaborativo a pequenos produtores locais nos que aproveitan de maneira integral as súas materias primas, reducindo o desperdicio alimentario a niveis mínimos

10/09/2026 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a creación de máis de 1.000 m² novos no Instituto Eduardo Pondal para dar resposta ao crecemento demográfico da zona

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visitou o centro para comprobar o resultado das obras, nas que a Xunta investiu máis de 3 M€

10/09/2026 | 14:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ana Ortiz destaca o talento da movida viguesa dos anos 80 como referente para “recuperar o lugar que merece a cidade” na escena cultural nacional

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, presentaron a Homenaxe a Golpes Bajos dentro do ciclo Son & Mar

10/09/2026 | 14:41 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo destaca o éxito da campaña de verán dos campamentos inclusivos na visita ás últimas quendas no albergue xuvenil de Gandarío

A delegada da Xunta destacou que o obxectivo principal destes campamentos é fomentar as habilidades sociais, o contacto co entorno natural e mariño, o coñecemento da cultura propia e a educación para a saúde nunha contorna de convivencia e socialización