Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.173 novas da área temática Formación:

09/08/2024 | 13:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta distribúe microguías de emprendemento para a diversificación de negocios a través da Rede de polos

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, fixo entrega hoxe de varios exemplares na sede en Pontevedra da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia)

09/08/2024 | 11:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as axudas para financiar a matrícula de máster oficial a persoas desempregadas

O orzamento total da convocatoria é de 90.000 euros e as persoas interesadas poderán solicitar estas bolsas ata o 4 de outubro de 2024

08/08/2024 | 14:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre o prazo para que entidades e concellos se adhiran ao ‘Xuventude Mentoring na Empresa’

A través do programa destínanse 1,5M€ para estadías formativas en empresas para a mocidade de 18 a 30 anos

07/08/2024 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financia con máis de 322.000 euros a contratación de 12 orientadores laborais en concellos e entidades de Ferrolterra

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración resolveu recentemente a convocatoria de 2024 destas achegas das que se benefician os concellos de Fene, Ferrol, Narón, Ortigueira, a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e as entidades Cogami, Federación de Asociacións de Persoas Xordas, Asociación de Centros Homologados (ACH) e o sindicato UGT

06/08/2024 | 12:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia con máis de 7,1 M€ a contratación de preto de 260 orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración resolveu recentemente a convocatoria de 2024 destas achegas da que se benefician máis de 90 concellos e arredor de 40 entidades sen ánimo de lucro

05/08/2024 | 12:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Artesanía de Galicia chega ao Courel con cursos de iniciación e obradoiros abertos para todos os públicos

A Fundación Artesanía de Galicia organiza por cuarto ano consecutivo o evento Artesanía de Galicia no Courel, que da comezo este mércores en diferentes localizacións de Folgoso do Courel

02/08/2024 | 13:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo as axudas abertas por 8 M€ destinadas a unidades formativas en empresas para cualificar máis de 3.000 persoas desempregadas

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou este mediodía o centro de Quattro Formación e participou na entrega de diplomas ao alumnado participante na unidade formativa implantada no Estaleiro Ría de Vigo

31/07/2024 | 15:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 147 ciclos e másteres de FP de 31 centros impartiranse nunha lingua estranxeira o próximo curso

A Xunta autoriza a incorporación de 75 ciclos e cinco másteres plurilingües novos, que se engaden aos 67 que comezaron o ano pasado e que continuarán o próximo en 2º curso

30/07/2024 | 16:59 | C. do Medio Rural

María José Gómez reafirma a aposta da Xunta pola remuda xeracional no agro na clausura da IV Escola de Iniciación de futuros gandeiros

Nesta cita, a titular de Medio Rural animou á mocidade a seguir vencellada ao rural e a apostar por el, aproveitando o apoio que se lle presta por parte do Goberno autonómico

30/07/2024 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala a importancia da formación para facerlle fronte aos delitos relacionados coas novas tecnoloxías

O director xeral de Emerxencias e Interior participou na clausura da xornada ‘A transformación dixital, unha realidade irreversible na seguridade privada’