Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.767 novas da área temática Mar:

17/02/2025 | 17:11 | C. do Mar

Xunta e Interfish-España renovan o seu compromiso para impulsar a promoción e a comercialización da quenlla, o marraxo e o peixe espada

O acordo inclúe a realización dun informe sobre a situación do mercurio nos grandes migradores e a incidencia do selenio no seu consumo, o desenvolvemento de campañas promocionais ou a participación en Conxemar 2025

14/02/2025 | 19:35 | C. do Mar

Villares considera decisivos o compromiso e o traballo da OPP7 de Burela para a competitividade e sostibilidade da súa frota

O responsable autonómico trasladou a vontade da Xunta de seguir apoiando a estas entidades pesqueiras que, no caso da mariñá, leva recibidos da Consellería do Mar máis de 2,6M€

14/02/2025 | 13:09 | C. do Mar

Xunta e USC estudarán os beneficios de rebaixar o IVE aos produtos do mar de cara a estimular o seu consumo e reactivar economicamente o sector

Esta colaboración súmase a outras que están en vigor, e que están destinadas á recuperación, transformación e resiliencia de moluscos como o berberecho ou á avaliación da calidade do medio mariño e o seu efecto sobre o marisqueo

12/02/2025 | 17:51 | C. do Mar

Alfonso Villares insiste na implicación de todos os grupos políticos a traballar xuntos na defensa do sector marítimo-pesqueiro galego

Avoga por dirixirse a el de forma construtiva como fai o Goberno galego, con distintas liñas de actuación que están destinadas a paliar a perdas ocasionadas polos fenómenos adversos que lastraron a produción dos anos 2023 e 2024

12/02/2025 | 16:37 | C. do Mar

A Xunta abre unha nova oficina Es.Mar en Pontevedra para atender e asesorar ao sector pesqueiro no acceso aos apoios ao abeiro dos fondo europeos

O conselleiro do Mar inaugurou a cuarta das sete que compoñe a rede que procura achegar ao conxunto da cadea mar-industria información e axuda para o desenvolvemento das súas iniciativas e proxectos

11/02/2025 | 16:50 | C. do Mar

Villares traslada ao sector o compromiso da Xunta na implantación de medidas e mobilización de recursos co obxectivo de impulsar as zonas produtivas

O responsable autonómico aborda coas confrarías a situación actual dos bancos de libre marisqueo e trasladou a colaboración da Consellería do Mar para seguir afondando no estudo e deseño de accións que reforcen a actividade marisqueira

11/02/2025 | 14:46 | C. do Mar

Villares pon en valor o labor do Intecmar para o control da calidade e a salubridade dos produtos do mar galego

O Instituto, que este ano conta un investimento que supera os 5 millóns de euros, realiza cada ano máis de 70.000 análises

10/02/2025 | 14:44 | C. do Mar

Rueda destaca que a Xunta simplifica o acceso ás axudas xestionadas a través dos GALP ás entidades do sector pesqueiro, dotadas con 14,6 M€

Salienta que o obxectivo é facer “moito máis asequible” o proceso e axilizar a posta en marcha dos proxectos

10/02/2025 | 12:58 | C. do Mar

A Xunta concede preto de 60.000 € á confraría de Barallobre para a modernización dos equipamentos e infraestruturas portuarias

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as instalacións do pósito para comprobar o resultado das actuacións de mellora levadas a cabo e o novo material adquirido