Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo anima aos obradoiros artesáns, concellos e a asociacións profesionais a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da artesanía de Galicia
A delegada da Xunta visitou as instalacións da entidade Artefíos que conta cun centro especial de emprego beneficiario o ano pasado destas achegas
A Xunta impulsa a divulgación da tornería de madeira no 25º aniversario do Encontro Internacional de Torneiros de Xermade
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará en Xermade os días 19, 20 e 21 de setembro co apoio do Executivo galego
A Xunta destaca a aposta do programa Emega como impulso dos emprendementos femininos no eido da innovación e da tecnoloxía
Unha das modalidades que contempla o programa é Emega Innova, con apoio de ata 42.000 euros para proxectos de carácter innovador
A Xunta destina máis de 5 M€ á nova convocatoria do programa Emega para apoiar a máis de 350 emprendementos femininos
O programa contempla catro modalidades de axuda, Emerxe, Impulsa e Innova, máis outra complementaria, Concilia; e as achegas oscilan entre os 8.000 e os 42.000 euros
A Xunta destaca en Boborás o papel da Rede Eusumo para impulsar o emprendemento e potenciar a economía social no rural
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, inaugurou esta mañá a Feira Sectorial do Cooperativismo celebrada neste concello ourensán coincidindo coa VI Feira de Feás
A Xunta salienta o peso clave do cooperativismo agroalimentario con máis do 70 % da facturación global desta fórmula de negocio en Galicia
José González subliñou que o cooperativismo é unha peza fundamental no tecido socioeconómico galego, cunha facturación global superior aos 3.500 millóns de euros no 2024 e que representa o 5,1 % do PIB da comunidade
A Xunta lanza unha nova convocatoria do Bono Talento Empresa dotada con 2 M€ para formar 1.500 profesionais en microformacións non regradas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a terceira edición destas axudas que promoven accións formativas non formais e de curta duración á carta das necesidades das empresas e dirixidas especificamente aos seus cadros de persoal
A Xunta aposta por atender as necesidades de talento das empresas con medidas pioneiras na flexibilización da formación e a atracción de traballadores
Como exemplos da colaboración público-privada, González destacou a revolucionaria convocatoria de apoios a accións formativas para persoas desempregadas, lanzada onte tras un redeseño integral, ou a nova orde do Bono Talento Empresa
A Xunta destaca en Santiago o papel da Rede de Polos no impulso ao emprendemento sostible
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá na capital galega na mesa redonda `Situación, retos e oportunidades do emprendemento en Compostela´