Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da área temática Igualdade:

27/02/2024 | 11:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo enxalza o papel dos concellos para avanzar desde a unión nunha sociedade 100% tolerante e igualitaria

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, inaugurou a xornada ‘Pioneiros. Políticas de igualdade nos concellos galegos’, organizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

22/02/2024 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Máis de 52.000 euros en axudas da Xunta para a rehabilitación e mellora do equipamento dos CIM da área de influencia de Pontevedra

O delegado visitou esta mañá o CIM de Poio que utilizou os máis de 16.500 euros que lle foron outorgados para adquirir novo mobiliario e equipamento informático

20/02/2024 | 09:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O DOG publica axudas por valor de 2,3 M€ para que entidades sen ánimo de lucro ofrezan atención a mulleres vulnerables e axuden á conciliación

Poden optar a estes apoios entidades sen ánimo de lucro que traballen con mulleres especialmente vulnerables e que desenvolvan accións de conciliación

16/02/2024 | 13:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo asiste á VII Xornada Exxperimenta en feminino para a divulgación da ciencia e a tecnoloxía con perspectiva de xénero no campus de Ourense

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto co gallo do Día internacional das mulleres e nenas na ciencia impulsado por profesoras, investigadoras e alumnas de varios dos centros do campus ourensán

16/02/2024 | 11:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo entrega ao colexio Rodríguez Barroso o punto laranxa contra o acoso escolar que reforza a aposta deste centro pola convivencia e o respecto

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, outorgou unha das máis de 1.200 caixas de correo que se están a distribuír para que o alumnado comunique posibles situacións de acoso ou ciberacoso de xeito anónimo

14/02/2024 | 11:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta publica as axudas de case 26 M€ destinadas aos centros especiais de emprego para apoiar a inserción laboral de case 4.000 persoas con discapacidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria que busca promover a creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de traballo nos centros especiais de emprego (CEE) de Galicia

13/02/2024 | 11:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste 1,4 M€ a promover a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial entre o tecido produtivo galego

Poden solicitarse axudas de ata 9.000 euros para medidas de flexibilidade horaria ou de fomento do teletraballo e de ata 20.000 euros para financiar o investimento necesario para garantir o traballo en remoto

11/02/2024 | 10:06 | C. de Facenda e Administración Pública

O centro Gaiástech celebra o Día da muller e da nena na ciencia cun ciclo de faladoiros con mulleres tecnólogas

O primeiro encontro será o 15 de febreiro con Susana Ladra, vicepresidenta do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia
 

07/02/2024 | 11:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a VII Xornada Exxperimenta en feminino para a divulgación da ciencia e a tecnoloxía co gallo do Día internacional da muller e da nena na ciencia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto de presentación da iniciativa que se desenvolverá o próximo 16 de febreiro no Campus de Ourense a cargo de profesoras, investigadoras e alumnas de varios dos seus centros
 

07/02/2024 | 10:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta aos empresarios da Grela unha nova edición do programa Responsabilízate que ofrece asesoramento gratuíto a pemes e autónomos en RSE

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, lembrou que a iniciativa, en fase de captación de empresas, dispón de 200 prazas