Actualidade
Buscador de novas
Activo un incendio forestal no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás
O lume iniciouse hoxe ás 18.47 horas e afecta ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés
A Xunta avanza nos seus contactos con propietarios de terreos nas Fragas do Eume para ampliar a superficie pública do parque natural en 113 hectáreas
O departamento autonómico adquiriu 28 parcelas nos últimos meses, está a tramitar a compra de 95 máis e iniciou negociacións cos donos doutras 3
María José Gómez destaca a mellora de infraestruturas rurais no concello de Castro de Rei cun investimento de case 270.000 euros
A conselleira do Medio Rural informou dos traballos de rehabilitación de camiños en zonas de concentración parcelaria, así como do Plan Marco, nesta localidade lucense
Villares enxalza o papel dos GALP no impulso de proxectos que vertebran o territorio e o seu potencial para revitalizar o sector do mar
O titular de Mar resalta do impacto económico das iniciativas executadas cos apoios destas entidades en favor do desenvolvemento económico e social dos concellos costeiros
Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 12.30 h. de hoxe
Continúa activo e en Situación 2 o incendio do concello pontevedrés de Crecente, parroquia de Filgueira, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 200 hectáreas
A Xunta incorpora desde o inicio do curso 10 paradas en Cabana de Bergantiños e Laxe no servizo de autobús do IES Eduardo Pondal de Ponteceso
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, informou aos rexedores de Cabana de Bergantiños e Laxe das melloras que se activan desde o próximo mércores nos horarios e paradas da liña de autobús
O milleiro de persoas aspirantes a Policía Local realizarán os primeiros exercicios o 21 de setembro en Silleda
O Diario Oficial de Galicia fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas para o acceso por oposición libre e as datas dos exames de avaliación de coñecementos e de lingua galega
A Xunta impulsa un grupo de traballo interdepartamental para avanzar na normalización e recuperación da toponimia galega
O obxectivo principal é poñer en marcha o Nomenclátor Xeográfico de Galicia como modelo único e integrado dos datos toponímicos e en harmonía coa directiva da UE
A Xunta investirá preto de 700.000 euros na mellora de camiños rurais nos oito concellos da comarca do Deza-Tabeirós
O delegado territorial visitou os resultados das obras levadas a cabo grazas ao Plan Marco 2023-2024 e anunciou as actuacións que serán posibles grazas á convocatoria deste ano
A Xunta realiza labores de conservación e mantemento en 3 quilómetros do rego de San Vicenzo, en Valdoviño
As tarefas que está a executar Augas de Galicia na parroquia de San Vicente de Meirás inclúen a retirada de árbores e biomasa da canle fluvial e labores de roza selectiva