Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reclama ao Goberno central planificación e investimentos para dotar a Galicia dun sistema ferroviario moderno e competitivo
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, critica a “falta de información directa, clara e transparente” do Ministerio sobre os constantes incumprimentos e incidencias e denuncia o agravio continuo a Galicia neste ámbito
Mar inicia a rolda de visitas aos bancos marisqueiros afectados polos temporais
O obxectivo é coñecer in situ a situación particular de cada zona e analizar co sector o impacto na actividade extractiva de cara ao deseño de medidas de apoio a este sector estratéxico
Villaverde destaca o porto de Ferrol-San Cibrao como nodo loxístico e enerxético do norte de Galicia
A conselleira do Mar destaca a recuperación dos tráficos rexistrada en 2025, cun incremento do 5,7% respecto ao ano anterior, así como o forte crecemento da mercadoría xeral
Portos de Galicia asina co Concello de Poio o convenio que permite ampliar as zonas habilitadas para a pesca recreativa en Raxó, Campelo e Combarro
Avanza así no seu compromiso de abrir novos espazos mediante a colaboración cos gobernos locais que asumen o control e vixilancia desta actividade veciñal
Portos de Galicia prevé adxudicar proximamente a renovación dos pantaláns pesqueiros de Vilanova de Arousa
O ente público, dependente da Consellería do Mar, destinará a esta actuación 100.000 euros e prevé iniciar os traballos nesta primavera
A Xunta reforza o apoio ao sector pesqueiro e salienta a fortaleza da Mariña de Lugo como referente a nivel estatal
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica mantivo encontros cos responsables do pósito burelao, da OPP-7 Porto de Burela e ABSA
Rueda destaca a Stellantis Vigo como motor da automoción ao producir 1 de cada 4 vehículos que se fabrican en España e consolidar a marca Galicia Calidade
Salienta este logro a pesar da complexidade do escenario internacional para o sector polo impacto da electrificación, as novas normativas, a competencia de terceiros países e a política arancelaria xunto co risco de deslocalización
Villaverde destaca a importancia da auditoría enerxética de recursos de Galicia nos portos para a transición enerxética e a descarbonización
A conselleira do Mar puxo en valor en Ribadeo este traballo que permitirá coñecer o potencial da implantación de renovables nos peiraos autonómicos e facilitará o aforro e o autoconsumo
Villaverde reitera a petición ao Goberno central de rebaixar o IVE aos produtos pesqueiros para impulsar o seu consumo
A conselleira do Mar subliña a necesidade de avanzar cara a uns tipos impositivos que favorezan unha alimentación saudable e sostible e que impulse o sector marítimo-pesqueiro galego