Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 605 novas da área temática Maiores:

17/04/2026 | 13:55 | C. de Política Social e Igualdade; Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A Xunta destina máis de 92.000 euros a obras de mellora no centro de día público de San Sadurniño

Esta semana iniciáronse os traballos de renovación da fachada principal do inmoble, que se executarán en dúas fases ao longo deste ano

16/04/2026 | 14:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor as estratexias contra a soidade non desexada e o idadismo para defender o benestar e os dereitos das persoas maiores

Antón Acevedo destaca a creación dunha rede próxima de coidados, a través das Casas do Maior, así como o desenvolvemento de iniciativas para unha vellez activa e saudable, como o programa Benestar en Balnearios

14/04/2026 | 17:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste máis de 400.000 € na creación do novo centro de día para persoas con Alzheimer de AFA Viveiro

Fabiola García puxo en valor a importancia da colaboración entre o Goberno galego e as entidades para estender a rede de apoios ás familias

14/04/2026 | 11:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a importancia das novas tecnoloxías no ámbito dos coidados

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asiste a unha demostración organizada por ACEM sobre os beneficios do uso dun exoesqueleto en procesos de rehabilitación

11/04/2026 | 20:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ultima as obras de mellora na residencia de maiores pública autonómica de Marín

Invístense 1,5 millóns de euros en reordenar os espazos interiores do centro para que as persoas usuarias gañen en comodidade e para mellorar a súa accesibilidade e eficiencia enerxética

09/04/2026 | 15:10 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda reforza a colaboración da Xunta coa Fundación “la Caixa”, que investirá 16 M€ este ano en Galicia

O responsable do Executivo autonómico asinou hoxe co presidente da entidade, Isidro Fainé, o acordo mediante o cal a fundación incrementa nun millón de euros o importe destinado a acción social, investigación, educación e cultura na Comunidade

09/04/2026 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anima os usuarios das residencias de maiores da Xunta a participar en iniciativas de envellecemento activo a través do deporte

A conselleira destaca que esta xornada de convivencia, na que participaron 60 persoas de tres centros residenciais, enmárcase na aposta do Executivo galego por seguir impulsando a vida pública e social na terceira idade

05/04/2026 | 14:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inxectará máis de 600.000 euros ata 2028 para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar no concello de Porto do Son

Fabiola García destaca que Porto do Son foi o primeiro municipio xunto ao de Ponteareas en solicitar formalmente o aumento da achega da Xunta, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro

31/03/2026 | 15:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta segue impulsando melloras no exterior do centro de día e fogar residencial de Cerdedo Cotobade, que contará cunha nova marquesiña

Perfecto Rodríguez sinalou que nos últimos anos o Goberno galego investiu máis de 130.000 euros en diferentes actuacións neste servizo

29/03/2026 | 11:38 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que a Xunta poderá destinar preto de 938.000 euros nos vindeiros tres anos ao Servizo de Axuda no Fogar de Cervo

Lembra que os concellos xa poden adherirse ao incremento da achega autonómica a esta prestación de xestión municipal