Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.486 novas da área temática Deporte:

28/08/2024 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo acompañará os 14 galegos que compiten nos Xogos Paralímpicos que comezan hoxe

Xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes compartirá varios momentos do día cos deportistas galegos e españois na Vila Paralímpica e asistirá ás finais de Susana Rodríguez e Adi Iglesias 

27/08/2024 | 19:25 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a contribución de La Vuelta Ciclista a España como escaparate turístico de Galicia

Salienta que esta competición deportiva será vista por milleiros de persoas de máis de 180 países

27/08/2024 | 13:09 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha vintena de nenas e nenos participan nun curso de iniciación ao ‘grappling’ que a Xunta financia con cargo ao Plan Corresponsables

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, acompañou esta mañá aos participantes, durante unha das sesións que se imparten no local da asociación deportiva Sport Fight

21/08/2024 | 11:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia melloras na antiga escola de Adai, no Corgo, cunha achega de 60.000 euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron o edificio para coñecer as accións previstas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

20/08/2024 | 12:51 | Axencia de Turismo de Galicia

Merelles pon en valor a gran capacidade dos eventos deportivos como xeradores de fluxos turísticos

O director de Turismo de Galicia participou esta mañá na presentación do IV Open Internacional de Galicia de Pitch&Putt, que se celebrará en Santiago na fin de semana

18/08/2024 | 10:36 | Axencia de Turismo de Galicia

O I Torneo de Fútbol "Unindo Camiños" arranca o sábado 24 co apoio da Xunta

A competición desenvolverase no Campo de Fútbol de Santa Isabel e incluirá tamén unha final feminina

15/08/2024 | 10:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 600 deportistas fixeron uso das instalacións da Agasp no que vai de ano

O uso do recinto por parte de integrantes de distintas federacións deportivas enmarcase no protocolo que permite poñer a disposición destas entidades espazos como a residencia, o pavillón deportivo, aulas, o salón de actos ou a galería de tiro

14/08/2024 | 11:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1,3M€ á terceira edición do Plan Corresponsables para fomentar a conciliación a través de actividades deportivas organizadas por máis dunha vintena de federacións

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou aos rapaces e rapazas que participaron esta mañá nunha actividade de bolos celtas organizada pola Federación Galega de Bolos