Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.115 novas da área temática Formación:

22/01/2024 | 15:11 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia Tributaria de Galicia ofrecerá charlas formativas de educación cívico-tributaria ao alumnado de primaria

O obxectivo é transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal desde idades temperás

27/12/2023 | 20:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inicia o programa ‘Lideramos’ con 150 participantes en toda Galicia para impulsar o talento feminino e a formación en xestión de equipos

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Pontevedra no arranque deste programa, no marco do que se organizarán obradoiros e clases maxistrais, así como sesións de networking ou titorizacións individualizadas

27/12/2023 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e FEUGA asinan un acordo para a posta en marcha do novo sistema de xestión da cotización das prácticas de formación profesional

A través deste sistema, centros educativos e empresas quedan eximidos da xestión e do custo das altas en baixas do alumnado na Seguridade Social

26/12/2023 | 16:28 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o fomento das vocacións científicas entre o estudantado que impulsa o CIS Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Ferrol o campamento científico no que participan esta semana preto de 40 alumnos e alumnas de ESO

23/12/2023 | 10:31 | C. de Facenda e Administración Pública

O programa de voluntariado dixital da Xunta facilita a doazón de equipos informáticos a tres asociacións sen ánimo de lucro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia facilita a doazón de 30 equipos por parte da consultora multinacional NTT DATA á Asociación de veciños de A Pontenova, Asociación Espazo Aberto Galiza e Asociación Ambar

19/12/2023 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con 561.000 euros un novo obradoiro que comeza hoxe en Baralla, Becerreá e As Nogais

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, clausurou o anterior taller e participou na presentación do actual, que formará a 20 persoas desempregadas en labores de albanelería

19/12/2023 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arranca o obradoiro de hostalaría de Vilanova grazas a un investimento da Xunta de medio millón de euros

En total participarán 20 desempregados que se dividen nas especialidades de Cociña e Servizos de bar e cafetería

18/12/2023 | 12:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida a colaboración coa Fundación Laboral da Construción que culmina o 2023 con máis de 2.000 participantes en case 150 accións formativas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou en Vilamarín a mesa Retos da formación para o emprego: falando co sector da construción, que puxo o peche a unha serie de encontros con distintos eidos económicos

18/12/2023 | 10:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O plan autonómico para formar persoas ocupadas chegará a máis de 20.700 traballadores e contará cun orzamento de case 9,5 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do investimento desta orde coa que a Xunta quere mellorar a formación demandada para os profesionais