Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.072 novas da área temática Territorio:

27/08/2024 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ultima a posta en marcha do primeiro visor dixital con información sobre tráfico, sinistralidade e outros datos de interese da Rede de estradas de Galicia

Desde o ano 2021 os dous departamentos autonómicos colaboran para avanzar na implantación da dixitalización para o seguimento deste tipo de infraestruturas

26/08/2024 | 16:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agarda que a conexión ferroviaria Lugo-Santiago se materialice en tempo e non sexa un exemplo máis de demora e incumprimento por parte do estado con Galicia

O Goberno galego congratúlase da licitación do estudo previo para realizar esta mellora pero lamenta a falta de compromiso real coas necesidades galegas en mobilidade 

23/08/2024 | 14:51 | C. do Medio Rural

María José Gómez compromete un impulso ás razas autóctonas como oportunidade para coidar o territorio

A titular da Consellería do Medio Rural visitou hoxe unha explotación de vacún de carne no concello lucense de Quiroga, onde sinalou o “impacto positivo” que ten sobre o terreo este tipo de gandaría, que tamén axuda como prevención ante os incendios forestais

21/08/2024 | 12:54 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o investimento de máis de 700.000€ entre 2024 e 2025 na comarca de Sarria para a mellora de camiños rurais e de vías en zonas de parcelarias

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, fixo balance das actuacións no municipio de Sarria, que conta con axudas superiores a 225.000€ para ambos plans

14/08/2024 | 17:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remite aclaracións ao Concello de Lugo sobre a nova situación das pasarelas do Miño e o traslado das náiades

Estudou nun só día a documentación presentada, e lembra que a autorización para modificar o proxecto ten que solicitala á CHMS e para a translocación debe usar o  procedemento apropiado

14/08/2024 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o acordo da aprobación definitiva do proxecto de trazado para a mellora da OU-212 no treito interurbano do concello de Beariz e na travesía de Liñares, en Avión

A actuación suporá un investimento de máis de 1,3 M€ e aborda unha primeira fase de acondicionamento do tramo de algo máis de 6 quilómetros desta vía autonómica, entre o centro urbano de Beariz e o desvío ao núcleo do Couso

08/08/2024 | 12:33 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o investimento de case 1M€ en 15 concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte para a mellora de camiños rurais para 2024 e 2025

 Belén do Campo fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa, que contou cunha dotación orzamentaria en Galicia de máis de 130 millóns de euros no período 2016-2024 que se traducen en máis de 4.280 quilómetros de vías rurais melloradas

31/07/2024 | 15:39 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia o sector vitivinícola galego e destaca a súa importancia económica, territorial e turística no marco da Festa do Albariño de Cambados

Iniciativas como a Estratexia de dinamización e axudas específicas para a reestruturación e reconversión de viñedo, promoción do viño en terceiros países e apoio á elaboración e comercialización, favorecen ao sector

30/07/2024 | 12:51 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza a posta en servizo o día 1 de agosto das novas salas de raios de Ortigueira e Pontedeume, que evitarán desprazamentos a Ferrol á veciñanza de 11 concellos

O servizo funcionará de 8 da mañá ás 3 da tarde de luns a venres, desprazándose o técnico de Radioloxía os martes e xoves ao centro de saúde de Ortigueira e os luns, mércores e venres ao centro de saúde de Pontedeume

23/07/2024 | 15:04 | C. do Medio Rural

Medio Rural reitera o seu apoio ao fomento do castiñeiro e á recuperación de soutos como acción para coidar o territorio

A titular da Consellería puxo de relevo a aposta por aqueles produtos da nosa comunidade recoñecidos por unhas características específicas