Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 924 novas da área temática Emerxencias e interior:

06/02/2023 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha de cada catro chamadas recibidas no Centro integrado de atención ás emerxencias - 112 Galicia acaba convertida en incidencia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presentou hoxe xunto co xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, o balance de chamadas de 2022 cun total 853.959, unha cifra similar á do exercicio anterior e lonxe do millón, que non se acada desde o ano 2017
 

06/02/2023 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña

Agárdanse ventos do noroeste forza 8 e de ata 74 quilómetros por hora

06/02/2023 | 11:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca o curso selectivo para preto dun cento de aspirantes a policías locais

Desenvólvese en réxime de internado na Academia Galega de Seguridade Pública e inclúe prácticas nos respectivos concellos

06/02/2023 | 10:09 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 60 persoas por 50 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 3 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 5 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 66 chamadas por accidentes de tráfico

30/01/2023 | 09:24 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 57 persoas por 47 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 27 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 29 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 61 chamadas por accidentes de tráfico

26/01/2023 | 16:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Deputación de Ourense avanzan no cambio de modelo de xestión para os catro parques de bombeiros do Consorcio Provincial

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na reunión do pleno do Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento e tamén na constitución da comisión de estudo técnico-xurídica encargada de redactar a memoria xustificativa sobre o paso á xestión directa do servizo

21/01/2023 | 10:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O alumnado da 14ª promoción de Policía Local remata a súa formación na AGASP cun tramo do Camiño Portugués

Os 117 alumnos desta promoción tomarán posesión nos seus concellos de destino o 14 de febreiro

19/01/2023 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e de Lugo

Agárdanse ventos de forza 8 e mar combinada con ondas de ata 6 metros

18/01/2023 | 11:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta retirou o ano pasado máis de 22.200 niños de vespa velutina no marco do plan acordado cos concellos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuníronse hoxe con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños e da central de chamadas do 012 para abordar a renovación da encomenda