Actualidade
Buscador de novas
A Xunta convoca o programa Aprol Economía Social con 5 M€ para impulsar o emprego e fomentar a competitividade de cooperativas e sociedades laborais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde 2025 destas achegas, que apoian a incorporación de socios ou traballadores e a quen se estableza por conta propia e se sume logo a estas entidades
As asociacións de entidades da Economía Social poderán solicitar desde mañá as axudas da Xunta para o seu funcionamento
O DOG publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas, dotada con 330.000 € para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e de empresas de inserción
Galicia comeza 2025 coa cifra de paro máis baixa desde que hai rexistros e con 1.067.089 persoas afiliadas á seguridade social, o mellor xaneiro desde hai 16 anos
A comunidade suma a 46ª caída interanual do paro consecutiva e a cifra de desempregados (121.320) —o mellor xaneiro desde 1996— sitúaa como a 4ª CCAA con maior porcentaxe de caída no último ano, máis dun punto por riba da media española
A Xunta pon en valor o papel das organizacións sindicais para consolidar unha función pública profesional, motivada, eficiente e orientada ao servizo público
A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Nuria Aguilar, participou na VII Conferencia do Sector da Administración Autonómica de Galicia, dentro do marco do XIII Congreso Confederal de CC.OO
A Xunta abre o prazo para que entidades e concellos se adhiran a terceira edición do ‘Xuventude Mentoring na Empresa’
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude reforza con 1,3 M€ esta convocatoria para que a mocidade, de entre 18 a 30 anos, realice prácticas de ata 4 meses
Rueda reúnese cos embaixadores de Colombia e Ecuador para reforzar a colaboración no eido laboral
Avalían o éxito de programas para facilitar a contratación dos galegos retornados ou a integración sociolaboral de estranxeiros
A Xunta consolida o apoio á contratación de mulleres en sectores masculinizados con 1,7 M€ no 2025
Como novidade este ano estas achegas inclúense no Galicia Emprega (19,7 M€) que busca incentivar a contratación nos colectivos con máis dificultades de inserción laboral e do que se poden solicitar as axudas ata o 30 de setembro
A Xunta convoca por 1,4 M€ as axudas para promover a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial entre o tecido produtivo galego
O DOG publica hoxe a orde en virtude da que se poden solicitar axudas de ata 9.000 € para medidas de flexibilidade horaria ou de fomento do teletraballo e de ata 20.000 € para financiar o investimento necesario de cara a garantir o traballo en remoto
A Xunta convoca as bolsas para universitarios no Instituto Galego do Consumo e da Competencia para impulsar a súa especialización e inserción laboral
O DOG vén de publicar a convocatoria de nove bolsas formativas de 10 meses de duración nas sete oficinas do IGCC
A Xunta favorece a empregabilidade da mocidade por conta propia e allea lanzando novos apoios enfocados a reter o seu talento en Galicia
José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas Investigo (4,8 M€), o de primeira experiencia profesional (6,3 M€) ou o Galicia Emprega Moz@s (3,5 M€)