Actualidade
Buscador de novas
Lete Lasa destaca á vela galega como referente internacional e augura novos éxitos olímpicos para as xeracións máis novas
O secretario xeral para o Deporte recibiu o recoñecemento da Real Federación Galega de Vela polo Programa Corresponsables como mellor proxecto de promoción da vela que levou actividades da vela deportiva a preto de 1.500 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos
Lete Lasa destaca a importancia da clásica nacional de BTT A Gran Bikedada nun dos mellores momentos da historia do ciclismo galego
O secretario xeral recoñece a dureza da proba asegurando que ‘A Gran Bikedada’ “é para todos, pero non é para calquera” e destaca as catro distancias diferentes, así como a novidade de competir na subida de tres picos, o que será a ‘Tripla Coroa’
A Xunta lamenta profundamente o pasamento de Miguel Ángel González, “un dos mellores futbolistas e o mellor porteiro que ten dado Galicia”
Recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia de man do presidente en 2013 nunha gala celebrada no seu Ourense natal
A Xunta e o concello de Ferrol formalizan o convenio para a materialización do proxecto Ferrol Cidade Do Deporte
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde José Manuel Rey Varela asinaron hoxe o documento
Mañá abre o prazo para a adhesión de novos establecementos, incluídos ópticos e ortopédicos, á campaña do Bono Deporte
O prazo para as novas adhesións comeza mañá sábado e será de 15 días naturais, rematando o vindeiro 19 de febreiro. A descarga dos bonos para as familias permanecerá activa ata o 29 de febreiro
Máis de 1.300 nenos e nenas competiron no cross provincial Xogade de Pontevedra
O delegado territorial destacou o crecemento do programa Xogade e sinalou a importancia do deporte no correcto desenvolvemento físico e mental da mocidade
Lete Lasa destaca o “tartán azul da pista cuberta de Ourense” que por terceira vez en catro anos citará aos mellores atletas do país
Co LX Campionato de España de Atletismo Absoluto Short Track que se celebrará na “mellor pista de atletismo cuberta de España, a de Expourense” do 16 ao 18 de febreiro xa son oito os campionatos de España celebrados e tres campionatos de España absolutos dende a inauguración da pista en decembro de 2016
Os Bonos Deporte descargados polas familias galegas xa superan os 111.000 en menos dun mes dende o inicio da campaña
O secretario xeral para o Deporte visitou o establecemento Intersport Bouso que é un dos comercios galegos con maior número de operacións sumando preto de 3.500. O gasto total realizado grazas ao Bono Deporte xa suma 7,6 millóns de euros