Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 939 novas da área temática Industria:

07/02/2023 | 18:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta agarda que a decisión do Tribunal Supremo supoña unha oportunidade para o avance industrial de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegura que é unha boa nova para todos os traballadores e que demostra que industria e preservación do medio ambiente son compatibles

04/02/2023 | 12:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca a cuarta edición do programa Ignicia para poñer en valor a investigación galega e impulsar a chegada do coñecemento ao mercado

A convocatoria, dotada con preto de 4 millóns de euros, prevé apoiar ao redor de oito proxectos cos que se busca axudar á creación de novas spin-offs e acordos de licenzas de comercialización da tecnoloxía xerada en Galicia

03/02/2023 | 13:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello do Corgo comprometen 1 M€ para mellorar a infraestrutura eléctrica que dará servizo ao parque empresarial da localidade e á súa ampliación

A ampliación desta área industrial, que conta cun orzamento estimado que rolda os 9 M€, xa está en tramitación

02/02/2023 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ferrol o traballo da empresa Ghenova a prol do naval galego e a súa aposta polo talento e a formación

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou hoxe en Ferrol na inauguración das novas instalacións da compañía, que traballa tamén en outras ramas de actividade como a enerxía, a industria ou as infraestruturas

31/01/2023 | 16:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda aposta pola colaboración público-privada para sacar proveito das oportunidades que se lle presentan a Galicia

Reclama “unidade” para saldar as “débedas” coa Comunidade e “apoio” ás empresas que crean riqueza

31/01/2023 | 15:40 | C. de Economía e Industria

Trenor anima aos concellos a solicitar as axudas para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais da provincia

A nova convocatoria está dotada con 2,1 millóns de euros para que os concellos poidan impulsar a competitividade dos seus polígonos

31/01/2023 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en CETIM o papel fundamental dos centros tecnolóxicos no fomento da innovación e a mellora da competitividade empresarial

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, realizou esta mañá unha visita ás instalacións que o centro ten en Culleredo

30/01/2023 | 15:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta lamenta que o Goberno ten os fondos europeos nun punto morto e non dá resposta aos proxectos transformadores cos que conta Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reclamou na V Conferencia sectorial para a mellora regulatoria e o clima de negocios unha cogobernanza efectiva e real coas Comunidades Autónomas

26/01/2023 | 15:03 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

O Goberno galego declara iniciativa empresarial prioritaria a planta de inxectables que Indukern poñerá en marcha en Monforte de Lemos

Rueda resaltou que este proxecto impulsará a consolidación de Galicia como “referente en materia de biotecnoloxía”

25/01/2023 | 18:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta resolve favorablemente oito proxectos eólicos vinculados a Alcoa

Conde precisa que cinco destes parques están promovidos por Greenalia e tres por parte de Enel, con quen Alcoa asinou contratos de subministración de enerxía renovable a longo prazo (PPA), e que, en total, suman 207,4MW