Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Forestal:

12/03/2024 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se modifica a convocatoria, polo que os interesados disporán de entre un mes e 40 días máis, segundo a liña de axudas, para estas subvencións de gran importancia no sector forestal galego

09/03/2024 | 10:39 | C. do Medio Rural

A Xunta define a nova cociña comunitaria da aldea modelo de Muimenta como exemplo das pancas dinamizadoras impulsadas pola Lei de recuperación

José González destacou as posibilidades das instalacións para ser usadas,  dentro do plan de dinamización de Muimenta, no eido formativo e laboral -como apoio do Espazo Agrario de Experimentación-, ademais dun uso asistencial e recreativo para os veciños

08/03/2024 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incorpora ao Catálogo galego de árbores senlleiras unha formación de alciprestes, no concello de Ribadeo

Belén do Campo explica que o Diario Oficial de Galicia publicará o luns a resolución coa súa inclusión

06/03/2024 | 14:25 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Ames reforzan a súa colaboración en materia de prevención de incendios forestais

O director xeral de Defensa do Monte e o alcalde deste municipio coruñés avaliaron os avances en relación coas execucións subsidiarias nas franxas secundarias de xestión da biomasa, é dicir, as máis próximas ás vivendas

06/03/2024 | 14:03 | C. do Medio Rural

A Xunta completa traballos preventivos en 24 quilómetros de pistas do distrito forestal XIX Caldas-O Salnés para potenciar a defensa contra os lumes

As actuacións levadas a cabo en montes da Lama e Ponte Caldelas tamén abrangueron traballos en 2,7 quilómetros de  faixas cortalumes, sempre co fin de impulsar a súa operatividade na loita fronte os incendios forestais

06/03/2024 | 12:34 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía a dotación orzamentaria das axudas para a mellora da xestión activa das masas consolidadas de frondosas autóctonas ata case 2 M€

A convocatoria incrementa en 1,24 M€ o orzamento inicial para contribuír á rexeneración ou mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas

05/03/2024 | 13:46 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición de 19,5 hectáreas do monte das Costas, en Paderne de Allariz, no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública este procedemento de inscrición no devandito rexistro e os interesados en presentar alegacións teñen un prazo de dous meses dende mañá

04/03/2024 | 13:38 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia o procedemento de aprobación do polígono agroforestal de Cabreira, en Salvaterra de Miño, e o declara de utilidade pública e interese social

A superficie desta iniciativa, enmarcada na Lei de recuperación da terra agraria, é de 22,21 hectáreas, e está distribuída en 237 parcelas de 148 propietarios