Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.662 novas da área temática Mar:

25/10/2024 | 16:50 | C. do Mar

Alfonso Villares sitúa a Xantar como unha das feiras internacionais de turismo gastronómico máis importantes para Galicia

O apoio da súa Consellería enmárcase no compromiso de dar a coñecer, difundir e promocionar os produtos que saen da costa galega; actuación á que este departamento achega só neste exercicio máis de 4,6M€

24/10/2024 | 10:03 | C. do Mar

Villares destaca que o novo buque de Copemar fortalece a industria marítimo-pesqueira de Galicia e representa o esforzo do sector pola renovación da súa frota

O conselleiro pon en valor o esforzo da empresa por reinventarse, garantindo a calidade do produto, ao ser capturado segundo criterios de sostibilidade e corresponsabilidade

24/10/2024 | 09:55 | C. do Mar

A Xunta expón a calidade e sabor dos produtos pesqueiros galegos no principal evento alimentario do mundo para reforzar a súa presenza nos mercados internacionais

A Consellería do Mar conta cun espazo institucional propio máis amplo e conta coa participación de 17 empresas coexpositoras da cadea mar-industria galega, catro máis que na última edición 

23/10/2024 | 15:23 | C. do Mar

A Consellería do Mar reúnese co sector para analizar os resultados das zonas de produción

A presenza da Marteilia foi detectada nalgúns bancos da ría de Ares-Betanzos.

23/10/2024 | 14:36 | C. do Mar

Portos de Galicia traslada ao Concello de Viveiro o inicio do período de información pública da delimitación de espazos e usos portuarios

O presidente de Portos de Galicia mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa na que comunicou os avances na planificación do solo do peirao para ordenar a súa actividade e que exclúe a ponte da Misericordia e rampla anexa

22/10/2024 | 19:32 | C. do Mar

A Xunta e o CETGA retoman a investigación do cultivo en catividade do salmonete de rocha para ampliar o catálogo produtivo da piscicultura galega

As características biolóxicas desta especie autóctona, de escasas capturas, faina susceptible de ser cultivada en condicións similares ao rodaballo e o linguado, en cuxa produción Galicia é líder europeo, sen novas infraestruturas específicas

21/10/2024 | 18:48 | C. do Mar

A Xunta avalía co sector as accións executadas e estuda a identificación de novas necesidades susceptibles de ser recollidas en novas medidas

A Consellería do Mar leva comprometidos máis de 50 millóns de euros en axudas directas, medidas de apoio económico e planificación do Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo de Galicia