Actualidade
Buscador de novas
A Xunta concede axudas por importe de preto de medio millón de euros a 10 entidades para impulsar o coñecemento da industria forestal-madeira de Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas achegas da Axencia Galega da Industria Forestal que contan cun orzamento de 492.527,15 euros
A Xunta constitúe coas universidades galegas unha comisión permanente de traballo para a mellora da formación forestal
A creación deste órgano, contemplado no Plan Forestal de Galicia, ten como obxectivo avaliar as necesidades formativas neste eido para mellorar a relación entre a demanda e a oferta no sistema universitario galego
A Xunta define o Inventario Forestal Continuo como unha oportunidade para impulsar un mellor aproveitamento da madeira como recurso endóxeno
José González engadiu que se trata de mellorar, en consecuencia, a transformación da madeira “baixo criterios de sustentabilidade e racionalidade, xerando emprego e loitando contra o abandono e os incendios”
A Xunta reforza a coordinación do plan especial de incendios forestais de Galicia cun simulacro en Portomarín
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no operativo de resposta a un hipotético lume en situación 2 que afectaría a este municipio e a Taboada
A Xunta comeza coa inspección do estado da xestión de biomasa nas faixas secundarias preto das casas, que se verá complementada este ano co labor das brigadas municipais
José González salientou que este ano haberá preto de mil persoas sobre o terreo en toda Galicia -entre técnicos da Xunta e membros das brigadas municipais- comprobando o estado da biomasa nas faixas preto das vivendas
A Xunta xestionará directamente a biomasa preto das vivendas en sete concellos piloto que contan con case 2.500 ha en faixas secundarias distribuídas nunhas 50.000 parcelas
Os seis municipios restantes nos que tamén se vai actuar son os das Nogais, na provincia de Lugo; Cualedro, A Gudiña, Monterrei e Lobios, na provincia de Ourense; e Gondomar, na de Pontevedra
Rueda destaca o Inventario Forestal Continuo de Galicia como unha ferramenta fundamental para o crecemento de todo o sector na comunidade
Enxalza o investimento autonómico, que supera os 3 M€, nunha iniciativa que funciona como instrumento de control e planificación básico do monte galego
A Xunta convoca axudas por 750.000 euros para recuperación de soutos de castiñeiros e para as explotacións apícolas en zonas afectadas polos incendios do ano pasado
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe cadansúa orde da Consellería do Medio Rural coas bases reguladoras e a convocatoria destas subvencións
A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Maside
O lume afectou 0,20 hectáreas de superficie arborada e foi provocado polo lanzamento de fogos de artificio
A Xunta creará un campo de ensaio con distintos tipos de oliveiras en Galicia e fomentará a súa caracterización agronómica e estudos comparativos de produtividade
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou na localidade luguesa da Pobra do Brollón na presentación do proxecto Impulso da oliveira en Galicia que promove a Consellería do Medio Rural para fomentar este cultivo na nosa comunidade