Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.172 novas da área temática Formación:

02/05/2024 | 15:39 | A Presidencia da Xunta

O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscrición para a súa vixésima edición

O curso, en formato virtual, volverá contar con expertos no financiamento comunitario que a través de contidos teóricos e prácticos achegarán as opcións de fondos europeos dispoñibles para as entidades públicas e privadas

08/04/2024 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra o remate de novas formacións en Ourense en colaboración con Cáritas no marco do proxecto pioneiro de arraigamento para persoas migrantes en situación irregular

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou no acto de entrega dos diplomas acreditativos, onde se puxo de relevo que a meirande parte das persoas participantes xa están traballando ou con proposta para facelo

06/04/2024 | 10:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Academia Galega de Seguridade Pública impartiu máis de 400 cursos en 2023 coa participación de máis de 12.600 efectivos dos corpos e forzas de seguridade e dos servizos de emerxencias da comunidade

Do total, 235 accións formativas centráronse na área de seguridade pública e 175 na de emerxencias, con máis de 7.000 e 5.600 participantes respectivamente

30/03/2024 | 10:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O persoal das bibliotecas públicas galegas formaranse en novas tecnoloxías como Chatgpt a través dos cursos da Xunta

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades organiza sete formacións para os meses de abril, maio, xuño, setembro, outubro e novembro dirixidos ao persoal en activo da Rede de Bibliotecas de Galicia

28/03/2024 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia reforza a colaboración coas asociacións do traballo autónomo en materia de seguridade e saúde laboral

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade presentou na última Mesa do Emprego Autónomo as iniciativas específicas para o colectivo coas que quere reducir a sinistralidade na construción ou nos traballos forestais

27/03/2024 | 14:10 | C. do Mar

As escolas náuticas de Ferrol e Vigo formarán por primeira vez a trinta futuros oficiais de ponte a través da rede

Cunha duración de 80 horas, estes dous cursos de teleformación permitirán o aumento de atribucións para os posuidores do título de patrón costeiro polivalente  

15/03/2024 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz salienta as medidas de divulgación e formación da Xunta na defensa dos consumidores

A delegada da Xunta visitou o punto informativo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) no Mercado de Teis con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

11/03/2024 | 13:47 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte mañá, día 12, unha xornada formativa de poda no concello ourensán de Ribadavia a través da Oficina Agraria Móbil

Esta xornada desenvolveranse na parroquia de Santo André e abordará a poda en viñedo, co obxectivo de difundir técnicas que sexan máis respectuosas coa vide e que mitiguen a incidencia das enfermidades da madeira

02/03/2024 | 11:08 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta publica en formato aberto os datos do Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia

Este directorio de axentes tecnolóxicos conta xa con máis de 340 entidades e ofrece información sobre uns 1.400 produtos e servizos e 78 tecnoloxías