Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon á disposición dos concellos galegos case 7,5 M€ en axudas para mellorar os servizos de saneamento e abastecemento municipais
Por primeira vez, o organismo hidráulico ofrecerá apoios ás entidades locais para a redacción dos seus propios plans de abastecemento autónomo e achegas para fomentar a instalación de foxas sépticas en núcleos de poboación rurais illados
A Xunta salienta o papel do I+D no deseño de procesos innovadores para a xestión eficiente de residuos emerxentes e avanzar cara a unha economía circular
Ángeles Vázquez indica que CETIM pode ser un bo aliado á hora de desenvolver procedementos para o tratamento de novos refugallos como, por exemplo, as pas dos aeroxeradores desmantelados
A Xunta ultima a creación da Oficina de Cambio Climático co fin de consolidar os avances neste eido e que Galicia siga de referente como refuxio climático
Este instrumento, que se porá en marcha nos vindeiros meses, encargarase de facer un seguimento do cumprimento das medidas do Plan Rexional Integrado de Enerxía e Clima 2030, que prevé mobilizar preto de 1.800 millóns de euros
A Xunta reprocha ao Goberno central que se opoña á tarifa reducida do canon de Sogama para 2025 que solicitaron 280 concellos
Ángeles Vázquez lamenta que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico se dirixa a Galicia para censurar que non repercuta integramente os novos impostos estatais ás entidades locais sen valorar a súa situación económica
A Xunta autoriza a repotenciación dun parque eólico de preto de 20 MW nos concellos de Ortigueira e Mañón
O proxecto aprobado suporá o desmantelamento de parte das instalacións existentes así como a posterior colocación doutras novas coas que se pasará de 24 aeroxeradores a unicamente oito
Rueda pon en valor o reforzo da Xunta á atención dos animais abandonados triplicando o apoio a protectoras, concellos e particulares para o seu coidado e adopción
O orzamento destinado ás distintas achegas neste eido, que se poden solicitar ata setembro, chega este ano ata os 1,4 M€
Belén do Campo anuncia un investimento de 30.000 € na praia da Ribeira de Miño dentro das axudas para preservar e mellorar a reserva da biosfera as mariñas coruñesas
A representante do Goberno autonómico destacou que estas axudas van dirixidas a financiar actuacións, estudos e investimentos por parte de concellos localizados nalgunha das sete reservas da biosfera existentes en Galicia e que teñan como obxectivo común avanzar na conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural destes espazos
A Xunta licita o contrato de asistencia técnica para a vixilancia e seguimento de vertidos de augas residuais na demarcación Galicia-Costa por valor de 3,3 M€
As empresas interesadas en prestar o servizo teñen de prazo ata o 25 de marzo para presentar as súas propostas