Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.958 novas da área temática Mar:

24/04/2025 | 18:32 | C. do Mar

A consellería do Mar cofinancia o proxecto ‘Nós mariñeir@s’ que pon valor e divulga a riqueza do patrimonio cultural marítimo de Ferrol

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro manifestou que esta iniciativa está encadrada no apoio ás Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo e no marco de actuación dos centros de formación náutico-pesqueiros autonómicos

24/04/2025 | 17:12 | C. do Mar

Villares defende a coordinación de Galicia e Europa no control da actividade pesqueira para garantir unha PPC efectiva e o cumprimento da normativa común

Para o titular de Mar esta é a forma de promover unha pesca sostible e, neste cometido, pon en valor o traballo do Servizo de Gardacostas, que depende da Consellería do Mar

24/04/2025 | 13:32 | C. do Mar

Villares defende que a futura PPC recolla as demandas do sector, tal e como marca o ‘Decálogo Estratéxico de Galicia’

Isto pasa pola actualización do concepto de zona altamente dependente da pesca, o relevo xeracional, unha definición de pesca artesanal e un enfoque ecosistémico da actividade, a preservación do patrimonio marítimo e o fomento da economía azul

22/04/2025 | 18:34 | C. do Mar

A Xunta financia 5 cursos de formación no ámbito marítimo-pesqueiro en Porto do Son para afondar na competitividade e remuda xeracional do sector

O conselleiro do Mar destaca que xa foron executadas ou están en execución 45 das 97 accións formativas previstas este ano por parte das entidades pesqueiras beneficiarias da orde de axudas autonómicas dotadas con 1,5 millóns de euros

22/04/2025 | 16:03 | C. do Mar

A Consellería do Mar será unha das protagonistas do Salón Internacional da Industria Acuícola Aquafuture que acollerá a cidade de Vigo o vindeiro mes de maio

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica asistiu á presentación do evento, o único deste tipo en España, que reflicte o liderado de Galicia nesta industria e que contará con máis de 200 expositores procedentes de 26 países

22/04/2025 | 13:09 | C. do Mar

Arranca ‘Capitán Mareas’, o programa educativo de Vegalsa-Eroski respaldado por Mar para promover o consumo dos produtos marítimo-pesqueiros entre o público infantil

A iniciativa, que conta co apoio do Goberno galego, deu comezo hoxe en Burela e contou coa participación de 25 alumnos de 6º de Primaria do C.E.I.P de Cervo

16/04/2025 | 12:51 | C. do Mar

A Xunta recibe 239 solicitudes ao abeiro das axudas para investimentos produtivos e creación de empresas do sector acuícola dotadas con 65 millóns de euros

O conselleiro do Mar destacou o potencial da comunidade, referente europeo na produción de peixes planos, cun tecido de máis de 2.600 empresas cuxa facturación supera os 200 millóns e das que dependen 5.600 empregos 

14/04/2025 | 17:57 | C. do Mar

Mar reforza ao apoio á Federación Galega de Redeiras ‘O Peirao’ co fin de impulsar a súa actividade dentro do sector marítimo-pesqueiro

O conselleiro destaca o traballo desenvolvido por esta entidade na defensa, recoñecemento e mellora das súas condicións laborais, así como pola diversificación da súa ocupación