Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana aposta polo diálogo cos empresarios para dar resposta ás súas necesidades e fortalecer a economía galega
A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, reuniuse na Coruña con representantes do polígono de Pocomaco, aos que informou das diferentes medidas postas en marcha pola Xunta para impulsar o investimento industrial
A Xunta destina 4,5 M€ a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación e o deseño
O obxectivo é apoiar 60 proxectos que poderían mobilizar 9 millóns de euros
A Xunta salienta a importancia da colaboración coas entidades de crédito para achegar financiamento a pemes e autónomos nas condicións máis vantaxosas
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa, na inauguración da nova oficina de Afigal en Carballo, “exemplo de proximidade, de saber estar sobre o terreo, atendendo as necesidades dunha parte fundamental do noso tecido produtivo”
A Xunta pon en valor o programa Ignicia Transferencia de Coñecemento pola súa contribución á transformación do modelo económico galego
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá en Santiago de Compostela nun seminario enmarcado no programa DINA, unha iniciativa do Ministerio de Ciencia e Innovación coordinada polo CSIC que se desenvolve en Galicia co apoio da Xunta dentro das actividades de formación en materia de transferencia do coñecemento
A Xunta aproba o proxecto de interese autonómico da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei
Este instrumento de intervención ten como obxectivo desenvolver a terceira fase deste polígono lucense, que ocupará unha superficie de preto de 40.000 m2
A Xunta aposta pola internacionalización e a captación de investimentos para impulsar o crecemento empresarial
A directora do Igape, Covadonga Toca, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron en Santiago na xornada Investir en ciencia si é rendible: impacto e retorno
A aceleradora Galicia Avanza mellora a presenza no exterior dos produtos e servizos de trinta empresas innovadoras galegas
As directoras da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e do Igape, Covadonga Toca, participaron hoxe na presentación dos resultados da segunda edición desta iniciativa da Xunta e Tecnópole
A Xunta informa na Cámara de Santiago das axudas por 4,4 M€ para impulsar a transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, interveu nunha xornada para explicar a nova convocatoria, á que se poden presentar solicitudes ata o vindeiro 4 de marzo
A Xunta informa na cámara da Coruña das axudas para impulsar a transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou nunha xornada para explicar a nova convocatoria, dotada con 4,4 millóns de euros e aberta á presentación de solicitudes ata o 4 de marzo
A Xunta pon o Polo da Sionlla como exemplo do compromiso de Galicia co sector biotecnolóxico
A directora do Igape, Covadonga Toca, visita as instalacións do Biopolo resaltando a súa importancia para industrializar un sector en auxe, facilitar a investigación tecnolóxica e o asentamento de empresas, e dar resposta ás necesidades das compañías biotech