Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.186 novas da área temática Cultura:

22/09/2025 | 12:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta adxudica a César Portela a redacción do proxecto e a dirección das obras do Teatro Cine Fraga

O Goberno galego, en coordinación coa Deputación de Pontevedra, remata os trámites administrativos para conceder por contrato de exclusividade a continuidade nos traballos no inmoble ao autor do proxecto orixinal

22/09/2025 | 11:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Premio Literario Nortear de relato curto para escritores novos impulsado pola Xunta recae en Diana Teixeira

Diana Teixeira, natural de Felgueiras, gañou esta edición 2025 co relato ‘Voltar e Não Ser. Memórias de uma raia interior’

21/09/2025 | 16:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
21/09/2025 | 15:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina 120.000 euros para apoiar as editoriais e potenciar a tradución literaria

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude inviste máis de 80.000€ para favorecer a publicación en galego de obras escritas orixinariamente noutro idioma 

20/09/2025 | 11:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz e Anxo M. Lorenzo destacan o labor dos centros de estudos locais na actividade científica e cultural

A delegada da Xunta en Vigo e o director xeral de Cultura participaron na inauguración da asemblea da Confederación Española de Centros de Estudos Locais que se celebra na cidade

20/09/2025 | 09:19 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reforza a promoción do audiovisual galego no seu desembarco no Festival de San Sebastián

Os axentes acreditados están convidados ao evento que organiza este luns no Kursaal para apoiar os seis filmes con produción galega seleccionados na 73ª edición do certame

19/09/2025 | 19:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Galician Freaky Film Festival volve a Vigo co apoio da Xunta para ofrecer a maior escolma de cine fantástico e de serie b da súa traxectoria

Entre o 19 e o 27 de setembro, desenvolverá unha programación para todos os públicos con 74 curtametraxes procedentes de 34 países e 65 estreas en Galicia

19/09/2025 | 14:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora co proxecto ‘Semente Coral’, que levará a música coral a centros educativos lucenses

A proposta foi beneficiaria da convocatoria de axudas do programa ‘Iniciativa Xove’, que apoia actividades organizadas e protagonizadas pola mocidade