Actualidade
Buscador de novas
A Xunta invistirá preto de 850.000 euros en 2 obradoiros de emprego xuvenís na provincia de Ourense nos que se formarán 32 mozos e mozas
O delegado territorial explicou que o Obradoiro de Emprego ‘Manco Xove VI’, ao que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina 424.836,96 euros formará a 16 mozos e mozas na comarca de Ourense
Máis de 300 persoas obtiveron no primeiro semestre deste ano a habilitación como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
A Academia Galega de Seguridade Pública acolleu cada mes un curso de 6 horas co obxectivo de adaptarse aos requisitos esixidos no novo decreto de 2021 que regula as funcións que deben cumprir os controladores de acceso
Os centros de FP galegos contarán o vindeiro curso con 85 aulas de emprendemento e 42 espazos de tecnoloxía aplicada
As iniciativas, cun investimento total de máis de 1,2 millóns de euros, entroncan directamente cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia
A Xunta apoia a contratación de 15 estudantes en empresas e centros tecnolóxicos nos que desenvolverán a súa tese doutoral
As Consellerías de Economía, Industria e Innovación e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades acaban de convocar a terceira edición do programa de Doutoramentos Industriais
A Xunta abre o prazo para que a mocidade galega do exterior solicite as bolsas retorna talento FP
Convócanse 108 axudas, en dúas modalidades, dirixidas a facilitar que estes rapaces melloren a súa cualificación e poidan volver á súa terra de orixe
A Xunta concede máis de 1,6 M€ a unha trintena de entidades para impulsar a prevención de riscos laborais mediante actividades de formación
O DOG publica hoxe a resolución das axudas convocadas este ano para apoiar cursos e outras actividades de divulgación da cultura preventiva en asociacións empresariais, organizacións sindicais, fundacións sectoriais e colectivos de autónomos
A Xunta destina case 425.000 euros á formación e emprego no obradoiro de garantía xuvenil Inicia VII impulsado polos concellos de Fene, Ares, Mugardos e Cabanas
A delegada territorial, Martina Aneiros, informou hoxe da resolución desta convocatoria de axudas a Concellos da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a promoción de accións formativas para mozas e mozos desempregados de ata 30 anos de idade
Catro titulados en ciclos formativos de acuicultura beneficiaranse de bolsas que convocará a Xunta para perfeccionar a súa formación
O Consello da Xunta autorizou esta mañá o compromiso de gasto destas bolsas para a realización de prácticas de xestión e produción de cría de bivalvos durante dous anos no Instituto Galego de Formación en Acuicultura
A Xunta lanza unha campaña de concienciación fronte ás altas temperaturas nas contornas laborais
A campaña, que forma parte da programación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), pon o foco na necesidade de descanso, a climatización, a boa alimentación e a hidratación nos lugares de traballo
As axudas da Xunta para apoiar a formación de curta duración dirixida a persoas traballadoras poden solicitarse ata o vindeiro 29 de setembro
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a novidosa iniciativa de Promoción do Emprego dirixida a microempresas, pequenas empresas, entidades do terceiro sector da acción social e profesionais autónomos para formar a persoas ocupadas por conta allea