Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por máis de 134.000 euros a obra de humanización e posta en valor da contorna de varios espazos públicos no Concello da Peroxa
As actuacións permitirán humanizar a contorna das vivendas sociais, mellorar o acceso á área de auto caravanas, acondicionar beirarrúas na estrada OU-0502 e ampliar o alumeado público do recinto de feira
A Xunta compra 40 vivendas á Sareb para reforzar o parque público residencial destinado a alugueiro
O Goberno galego inviste case 3,5 M€ na adquisición destes inmobles, localizados en 16 concellos onde existe demanda de arrendamentos sociais a prezos accesibles
A Xunta salienta a ampliación do parque residencial da Coruña coa venda dunha parcela para construír 90 vivendas protexidas no barrio de Xuxán
Ángeles Vázquez explica que todos os inmobles contarán con 2 baños, unha praza de garaxe e un rocho, e no que respecta á distribución interna, terán 2, 3 ou 4 dormitorios
A Xunta convocará en abril unha nova orde de axudas para mellorar a eficiencia enerxética en vivendas e edificios de uso residencial
Ángeles Vázquez subliña o éxito da primeira convocatoria do programa de actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, financiado con fondos europeos e que se saldou en Galicia con 251 subvencións outorgadas e unha execución de case o 95%
A Xunta adxudica a redacción dos proxectos de rehabilitación de dous inmobles en Ferrol Vello
O contrato refírese aos edificios localizados en Mercé 20-22 e Carme Curuxeiras 36-38 e foi adxudicado por un total de 95.892,50 euros, incluíndo a dirección das obras
A Xunta impulsa unha reforma normativa para facilitar o cambio de uso de baixos comerciais a vivendas
Rueda asegura que o obxectivo é “posibilitar o uso residencial” cando non hai uso comercial
A Xunta traslada á Cámara de Comercio da Coruña as súas recentes iniciativas en materia de solo empresarial e vivenda
Ángeles Vázquez incide na recente convocatoria por parte de Xestur dun novo concurso para a adquisición de máis de 515.000 m2 de solo empresarial, repartidos entre 215 parcelas de 18 polígonos
A Xunta reclama ao Ministerio os 40,6 M€ pendentes dos fondos europeos en materia de vivenda de 2022 e comunica que Galicia cumpriu os obxectivos marcados
As 7 liñas de subvencións convocadas na comunidade para financiar actuacións de rehabilitación no eido residencial acadaron unha execución de case o 90%