Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Concello de Palas de Rei avalían o proxecto municipal para mellorar a contorna da pista multideporte do CEIP da localidade
Ambas administracións analizaron tamén o estado de tramitación do proxecto de ampliación do parque empresarial do municipio, para o que o Executivo galego reserva máis de 800.000 euros nos orzamentos do próximo ano
A Xunta licita as obras de mellora do pavillón polideportivo Monte das Moas por case 850.000 €
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación do proxecto durante á súa visita ás instalacións
Lete Lasa confía en que o Burela volverá reinar en Europa na Champions feminina que se disputará do 18 ao 22 de decembro en Vista Alegre
O secretario xeral para o Deporte subliña o excelente estado de saúde do fútbol sala nacional e autonómico e lembra a vitoria do mellor equipo do Mundo de fútbol sala feminino -o Burela- en 2021 nesta mesma competición celebrada en Lugo
Trenor subliña as vantaxes do Bono Deporte de 120 euros ante as entidades deportivas de Costa da Morte
Permitirá ás familias sufragar compras de material, equipamiento, asistencia a clases ou a realización de actividades deportivas
A Xunta presenta o programa de axuda ao deportista que ofrecerá asesoramento psicolóxico, titorización e orientación
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou que a medida enmárcase no traballo da Oficina de Atención ao Deportista
A Xunta ratifica a unión entre turismo e deporte como caras dunha mesma moeda na inauguración de Sportur 2023 e do congreso internacional
O secretario xeral para o Deporte asegura que Galicia conta coas “ferramentas necesarias e suficientes” para recuperar os rexistros turísticos asociados ao deporte pre pandemia grazas a innumerables recursos
Lete Lasa visita o pavillón municipal do Porriño que nos últimos anos mellorou o seu equipamento grazas ás axudas da Xunta
Neste mesmo ano, o Concello do Porriño recibiu unha axuda de 10.000 euros para a instalación dun videomarcador ao abeiro da orde de subvencións para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable, da que resultaron beneficiarios o 66 % dos concellos galegos
Secretario xeral e alcalde visitaron as zonas de adestramento de dous dos clubs máis importantes do municipio -Porriño Baloncesto Base e Club Balonmán Porriño- que foron renovadas en 2022 grazas a orde de equipamento deportivo da Xunta de Galicia cunha axuda de máis de 11.000 euros
Medio Centenar de persoas das federacións asistiron ás novas xornadas de deporte inclusivo para fomentar o proceso de integración dos deportistas
A Coruña, Vigo e Santiago acolleron os bloques das xornadas: ‘A inclusión no deporte: o papel das federacións deportivas’ que recollen a remuda das realizadas entre os meses de maio e xuño baixo o título ‘ ‘Formación do persoal técnico deportivo para a inclusión das persoas deportistas con diversidade funcional’