Actualidade
Buscador de novas
As asociacións de autónomos poden solicitar desde hoxe as achegas da Xunta de Galicia para o seu funcionamento e para a contratación de persoal de apoio
O Diario Oficial de Galicia publicou onte a convocatoria de 2025 destas axudas, dotada con 350.000 euros para promover o movemento asociativo deste colectivo e que se poden solicitar ata o vindeiro 18 de marzo
A Xunta remarca en Manzaneda a aposta polo emprendemento vencellado ao territorio e aos recursos naturais a través da rede de polos
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá na presentación do programa ‘Territorio Soutos´, creado para potenciar o emprendemento colectivo e poñer en valor os recursos naturais da comarca
A Xunta destaca a súa aposta polo talento sénior dentro da batería de medidas destinadas a favorecer a competitividade do tecido empresarial
José González salientou que co programa Galicia Emprega, dotado nesta edición con preto de 20 M€, o Goberno galego promove a contratación de persoas desempregadas pertencentes aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral
A Xunta destina 8 M€ a financiar cursos que demandan as empresas en función das súas necesidades e con compromiso de contratación
O delegado territorial, Javier Arias, visitou en Vilalba o centro Forma-T, que o ano pasado impartiu seis cursos nos que 83 persoas desempregadas melloraron a súa capacitación nos ámbitos da biomasa forestal e dos parques eólicos
A Xunta e o Concello de Xunqueira de Ambía impulsan a formación para o emprego en ámbitos como a construción e o forestal
Entre outras cuestións analizaron o desenvolvemento do obradoiro de emprego dual do que forma parte este municipio e promovido pola Mancomunidade voluntaria de concellos da provincia de Ourense e a iniciativa de contratación Aprol rural
A Xunta reforza a colaboración co Concello de Ferrol para seguir impulsando a xeración de emprego e favorecendo o emprendemento na comarca
Na xuntanza abordáronse posibles vías de cooperación institucional para potenciar as oportunidades laborais no municipio e fortalecer o tecido comercial ferrolán, un sector prioritario para a economía local e a vertebración e dinamización do territorio
A Xunta achegará a preto de 80 centros de Secundaria de toda a comunidade a ampliación da convocatoria do programa ‘Que non te líen, ti elixes’
Trátase da 2ª quenda da 3ª edición do programa ‘Que non te líen, ti elixes’, impulsado polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta destaca o papel da Fundación Ronsel na mellora da empregabilidade das persoas en situación de vulnerabilidade
A Consellería de Política Social e Igualdade destinou nos últimos dous anos máis de 350.000 euros a esta entidade para a execución de programas e iniciativas sociolaborais