Actualidade
Buscador de novas
O DOG publica hoxe as axudas para financiar proxectos de grupos operativos para a innovación no agro galego por importe de 2,5 M€
O obxectivo destas achegas é fomentar a innovación no medio rural, en áreas prioritarias como a xestión sustentable dos recursos naturais, sistemas agrarios de produción, cadea agroalimentaria, bioeconomía ou aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) ao sector
A Xunta fomenta a creación de agrupacións de xestión conxunta e o asociacionismo para a posta en valor da superficie forestal e o aproveitamento dos seus recursos
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, acompañado polo director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou na xornada de presentación das axudas a agrupacións forestais organizada pola Asociación Forestal de Galicia e as asociacións de produtores de madeira de Cedeira e Viveiro
A Xunta realiza labores de prevención de incendios no distrito forestal de Fisterra
Os traballos son desenvolvidos por dous tractores con rozadoiras de brazo hidráulico nas pistas e camiños forestais dos municipios de Carnota e Muros
O DOG publica a declaración de utilidade pública do polígono agroforestal de Sabadelle, no concello de Chantada, para poñer en valor 38,68 hectáreas
O Diario Oficial de Galicia publica o correspondente decreto da Consellería do Medio Rural para desenvolver este polígono, que implica 114 parcelas de 80 propietarios
A Xunta investiga a titularidade e revisa o parcelario no polígono agroforestal de Solbeira, no concello ourensán de Paderne de Allariz
Os resultados destes labores, que leva a cabo a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, permitirán actualizar o catastro da zona, así como avanzar no proceso de aprobación e posta en marcha desta iniciativa de recuperación de terras
A Xunta apoia a conversión da asociación A Croa de Camariñas nunha agrupación forestal de xestión conxunta
Neste sentido, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, puxo en valor as axudas da Consellería do Medio Rural para fomentar este tipo de iniciativas, creadas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
A nova base de Unidade Operativa de Rianxo contará con madeira galega na súa estrutura
As instalacións abranguen unha superficie de máis de 2.000 metros cadrados, na que se situará unha edificación de planta baixa de 223,65 para que o persoal de prevención e extinción de incendios poida conciliar traballo e descanso
A Xunta remata as obras de reforma da Base de Unidade Operativa de Dumbría
A actuación permitiu a mellora das súas instalacións e a renovación do seu mobiliario
A Xunta remata as obras da nova sede do distrito forestal XIV, no concello ourensán de Verín
As instalacións abranguen unha superficie de 2.444 metros cadrados e albergan tamén unha nova Base de Unidade Operativa