Actualidade
Buscador de novas
O DOG publica unha nova convocatoria con 700.000 euros para que entidades sen ánimo de lucro impulsen a inserción de vítimas de violencia de xénero
Financiaranse cun máximo de 80.000 euros os programas das asociacións encamiñados a favorecer a integración laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero, xa que o emprego é o primeiro paso para acadar a independencia con respecto do agresor
Rivo participa nun encontro en Ourense con mulleres beneficiarias do programa autonómico ‘Lideramos’ de impulso do talento directivo feminino
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade tomou parte na xornada ‘Ferramentas prácticas para o liderado feminino, a mellora profesional e a xestión de equipos’ enmarcada nesta iniciativa que se celebrou na CEO
Os establecementos de lecer nocturno poden adherirse desde hoxe ao protocolo autonómico contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas
O documento está a dispor de discotecas, salas de festas, pubs ou cafés espectáculos na páxina web de Igualdade da Xunta
Trenor informa que está aberta a convocatoria de case 11 m€ para axudas a entidades locais para previr a violencia de xénero, promover a igualdade e a conciliación e apoiar os CIM
O programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está dirixido a concellos, consorcios ou mancomunidades, de xeito individual ou con xestión com-partida
Aneiros lembra aos concellos que teñen ata o 8 de febreiro para solicitar as axudas para fomentar a igualdade e a conciliación e financiar os CIM
A convocatoria publicada no DOG contempla tres liñas de achegas orientadas a soster os gastos do persoal dos Centros de Información á Muller (CIM), a desenvolver programas municipais de igualdade e prevención da violencia de xénero e a fomentar a conciliación no ámbito local
A Xunta pon en valor a empresa impulsada pola Asociación de Empresarios de Mos para mellorar a inserción laboral de vítimas da violencia de xénero
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na presentación de ‘Activa Emprega’, que culmina máis de 15 anos de colaboración de Aemos coa Xunta a través de programas de inserción laboral para persoas vulnerables
O DOG publica mañá a convocatoria de case 11 M€ en axudas a entidades locais para previr a violencia de xénero, promover a igualdade e a conciliación e apoiar os CIM
O programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que sae mañá no Diario Oficial de Galicia está dirixido a concellos, consorcios ou mancomunidades, de xeito individual ou con xestión compartida
A Xunta dá a coñecer o protocolo contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas nos espazos de lecer nocturno aos representantes deste sector
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, reuniuse con representantes da hostalería nocturna para expor o contido deste documento ao que se poderán adherir con carácter voluntario discotecas, pubs, salas de festas e cafés espectáculo
O Diario Oficial de Galicia publica unha nova convocatoria das axudas mensuais de ata 800 euros para mulleres vítimas da violencia de xénero
A comunidade ofrece un apoio periódico para estas mulleres, que poden solicitalo en calquera momento do ano cun orzamento inicial de 5,4 millóns de euros, ampliable en función das necesidades
As axudas para que entidades sociais apoien e asesoren a mulleres vulnerables superarán o millón de euros tras o aumento no orzamento publicado no DOG
Avalará iniciativas a desenvolver entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024