Actualidade
Buscador de novas
A Xunta publica a convocatoria de axudas por máis de 745.000 euros para que entidades sociais apoien e asesoren a mulleres vulnerables
O Goberno galego financia estes apoios con cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a Galicia
Rueda pon en valor a importancia de loitar pola igualdade de homes e mulleres desde todos os ámbitos coa entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán
Destaca que Galicia ocupa un lugar central na historia da loita pola igualdade con persoas pioneiras na defensa dos dereitos da muller como a escritora coruñesa
A Xunta financia melloras na cuberta do patio interior e a instalación dunha pérgola na escola infantil pública de Tenorio
Destináronse máis de 30.000 euros a estas obras para que as familias usuarias do servizo dispoñan dunhas instalacións mellor adaptadas ás necesidades dos seus nenos
A Xunta leva atención temperá a nenos de ata 6 anos de máis de 200 concellos de toda Galicia
O Goberno galego destina a esta rede de atención temperá 7,3 millóns de euros anuais, tanto a través de unidades municipais, como dos catro centros da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)
A Xunta pon en valor o papel do asociacionismo e da educación para combater entre a mocidade as violencias sexuais contra as mulleres
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, inaugurou o 2º encontro de mulleres organizado pola Federación provincial de mulleres rurais de Ourense (Femuro)
Un grupo de usuarios de centros de atención á discapacidade da Xunta saen a navegar da man do Monte Real Club de iates de Baiona
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, estivo hoxe cos participantes nesta actividade, procedentes dos CAPD da Coruña e Redondela
A Xunta e Cáritas de Santiago colaboran para impulsar a inserción laboral de persoas en situación ou en risco de exclusión social
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e representantes da entidade analizaron os avances no seo das empresas Arroupa e AHortas, que recibiron arredor de 2 M€ en axudas da Consellería nos últimos anos
A Xunta lembra que todas as empresas deben contar cun protocolo de acoso sexual e artellar medidas específicas para previlo
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou esta mañá en Santiago de Compostela unha xornada informativa sobre a prevención do acoso no ámbito laboral