Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 291 novas da área temática Audiovisual:

13/05/2026 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A longametraxe `Outono´desenvolve a súa rodaxe en Galicia co financiamento da Xunta á súa produción

O Goberno galego apoia este proxecto da produtora galega Indígena Films xunto a Aquí y Allí Films e 3040 Cine cunha achega de 280.000 euros a través das subvencións ao sector audiovisual

07/05/2026 | 22:43 | A Presidencia da Xunta

A Casa de Galicia en Madrid impulsa o talento emerxente coa presentación de 'A CONTRA', o novo traballo de Santervás

O director da Casa de Galicia destacou o apoio da Xunta ao talento emerxente e aos proxectos musicais innovadores en lingua galega

06/05/2026 | 13:51 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos valora a singularidade do Festival de Cans para promover cinema e música desde o rural

Sinalou que o certame, que se celebra do 19 ao 23 de maio na aldea porriñesa, inclúese nas axudas autonómicas a eventos audiovisuais de carácter profesional

02/05/2026 | 09:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta de Galicia contribúe con 310.000 euros á organización de 11 festivais do sector audiovisual

O Play-Doc de Tui, (S8) e Intersección da Coruña, Curtocircuíto e MICE de Santiago de Compostela, FICBUEU, Festival de Cans no Porriño, Novos Cinemas de Pontevedra, Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, Carballo Interplay e Galician Freaky Film Festival de Vigo son os certames subvencionados en 2026

29/04/2026 | 19:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos sitúa o filme de Ángel Santos ‘Así chegou a noite’ como reflexo do talento e calidade do audiovisual galego

Subliñou que a Xunta destina este ano ao sector preto de 8 M€ en axudas ás distintas fases do proceso de creación e distribución

22/04/2026 | 15:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Xunta e Paideia celebran con Law e Amoebo o primeiro concerto de 'Sonemerxente+', co que se está a reforzar o impacto de cinco proxectos musicais galegos

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais reúnese nos Estudios Mans cos artistas destinatarios deste programa de acompañamento profesional que avanza nos obxectivos das dúas anteriores edicións

15/04/2026 | 15:55 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta difunde o audiovisual en galego entre o alumnado universitario e de formación profesional

As tres facultades de Comunicación galegas e catro centros de ensino medio de Imaxe e Son acollerán cadansúa xornada a cargo de responsables da produción en activo

09/04/2026 | 13:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre hoxe o prazo de solicitudes para participar en residencias de creación e investigación artística no Gaiás

Poderán optar proxectos de artes visuais, escénicas, musicais, deseño, arte dixital, e, como novidade, propostas de investigación e curadoría artística e cultural

08/04/2026 | 13:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca no Diario Oficial de Galicia a praza para a dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abre un proceso baixo os criterios de transparencia, mérito e capacidade para a selección da candidatura idónea

05/04/2026 | 12:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Filmoteca de Galicia dedícalle en abril un ciclo á obra completa de Guillermo Galoe e continúa coa retrospectiva de Fassbinder

O cineasta madrileño de orixe galega que vén de sumar o segundo Goya por ‘Ciudad sin sueño’ presentará na Sala José Sellier todas as súas películas entre os días 14 e 17 e impartirá unha clase maxistral sobre os seus procesos de produción