Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 19 novas da área temática Transparencia e goberno aberto:

29/09/2026 | 19:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP reivindica a formación e a profesionalización do persoal público como claves para avanzar cara á unha administración máis transparente e próxima

A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, participou esta tarde na clausura da XI edición do Congreso internacional de Transparencia e Goberno Aberto, celebrado na USC

28/09/2026 | 18:30 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a transparencia como un exercicio de respecto á cidadanía e de rendición de contas das institucións

Subliña que a información pública pertence aos cidadáns e lembra iniciativas recentes como o acceso ao custo real das prestacións sanitarias na aplicación Sergas Móbil ou a creación do Rexistro do Litoral

17/05/2026 | 10:52 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta invita aos cidadáns a coñecer o funcionamento do Goberno a través da Semana da Administración Aberta

Desde mañá luns 18 e ata o venres 22 de maio celebraranse diferentes xornadas de participación social para divulgar a súa actividade e os seus obxectivos

23/10/2025 | 12:29 | C. de Facenda e Administración Pública

As medidas tributarias aprobadas polo Goberno galego permitiron aforrar á cidadanía máis de 1.600 M€ desde o 2020

O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar as contas do seu departamento

12/03/2025 | 14:55 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia participa na elaboración do V Plan de Goberno Aberto para afondar na transparencia, a participación cidadá e a rendición de contas

O director xeral de Simplificación, José María Barreiro, interveu hoxe no Pleno do Foro de Goberno Aberto no que se avaliou o plan 2020-2024

29/11/2024 | 15:26 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta o compromiso do Goberno galego coa calidade institucional e coa transparencia

Lembra que Galicia conta cun Programa de Impulso Democrático con seis leis e 50 medidas para mellorar a rendición de contas das Administracións públicas e o control cidadán sobre elas

17/09/2024 | 12:40 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta impulsa o uso da administración dixital para ofrecer uns servizos públicos máis transparentes, eficientes e accesibles

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enseñaría en Informática de Galicia, inaugurou a XIV edición do Curso superior de Administración electrónica, cunha duración de 111 horas lectivas

27/06/2024 | 11:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a información pública o Plan de xestión do Monumento Natural a Carballa da Rocha

Todas as persoas interesadas poden enviar as súas alegacións ou suxestións preferentemente por correo electrónico ou a través do formulario habilitado a tal fin durante un mes contado a partir de mañá

18/06/2024 | 10:11 | C. de Facenda e Administración Pública
14/06/2024 | 13:49 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos participa nunha visita do alumnado do CEIP Monte dos Postes ao edificio administrativo de San Caetano dentro da Semana do Goberno Aberto

Os alumnos e os seus mestres puideron visitar algunhas das principais dependencias do edificio da Xunta, como a sala de Consello, e aprender sobre diversos procedementos e xestións administrativas que se desenvolven a diario