Aberto o prazo para solicitar o recoñecemento médico anual
Do 5 de febreiro ao 5 de xuño estará aberto o prazo de solicitude de inscrición da campaña de vixilancia da saúde para o ano 2025.
No DOG do día 4 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos. A inscrición realizarase a través de PortaX para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia e de OPAX para o persoal da Administración de xustiza.
Pode solicitalo aquí.
A persoa funcionaria que vaia solicitar a prolongación no servizo activo, ou a súa prórroga, de acordo co establecido no artigo 3 da Orde do 7 de xaneiro de 2013 pola que se regula o procedemento de autorización da prolongación da permanencia no servizo activo, poderá solicitar a realización do recoñecemento médico para a obtención do certificado de aptitude médico laboral que, en todo caso, deberá estar vixente no momento da solicitude da prolongación da permanencia no servizo activo.